O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

luns, 1 de febreiro de 2021

martes, 26 de xaneiro de 2021

Conceptos básicos

Destinado á adquisición e reforzo dos primeiros conceptos básicos a través de escenas animadas. 

A combinación de gráficos ( pictogramas  ARASAAC e ilustracións de  pictocuentos) sons e texto facilitan a comprensión do concepto presentado en cada unha das escenas. Trabállase a atención, a memoria visual, a memoria  auditiva ,comprensión oral.


Agradecemos a colaboración e excelente traballo de Lucía  Fernandez  Vivancos.

 

Clica para xogar

Formamos palabras

Esta versión do xogo "o aforcado" sérvenos para estimular a conciencia fonémica e a adquisición de novo vocabulario.

Excelente traballo realizado pola mestra especialista en audición e linguaxe María José Fano.

Preme para xogar 

mércores, 20 de xaneiro de 2021

TEXTOS PARA TRABALLAR A COMPRENSIÓN LECTORA

Non é posible entender a aprendizaxe sen a lectura. A comprensión lectora do alumnado é un piar básico na súa aprendizaxe, unha base sen a cal atopará enormes dificultades para desenvolver a súa aprendizaxe normal en todas as áreas curriculares da educación primaria.

 

Preme aquí para entrar 

martes, 22 de decembro de 2020

Conseguirémolo

Quiero felicitar a toda a comunidade educativa do CEIP Veleiro Docampo e do CEIP Ramón Falcón, pero en especial ao alumnado polo ben que o estades a facer neste curso "Covid". Sodes un exemplo de respeto e solidaridade. Grazas!!

Se seguimos así: Conseguirémolo!!

Boas Festas!!!

Labirintos de Nadal

Compartímosvos unha colección de labirintos de diferente dificultade.. Son un dos pasatempos preferidos dos nenos e das nenas e unha boa estratexia para traballar a atención. 

  

Clica aquí

Retos de Nadal

Grupo de actividades ou retos para traballar a percepción visual de forma moi  entretida sobre o Nadal . Estas actividades están pensadas como tarefas de tempo libre. Son xogos de linguaxe tamén  indicados tamén para traballar a atención , a  impulsividade e a persistencia na tarefa.

Actividades 1

Actividades 2