O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

domingo, 6 de decembro de 2020

Inversión de grafemas ou escritura en espello. Diferenciación b/d/ p/ q

Aínda que a escritura en espello adoita asociarse á  dislexia ou dificultades na percepción visual, tamén é frecuente atopala nos nenos que están a iniciar o proceso de aprendizaxe da  lecto-escritura.

Esta inversión pode ser de esquerda a dereita como se observaría en  b e d, ou  p q.

Nestas tarxetas, o alumno deberá elixir o grafema correcto para completar a palabra.

domingo, 29 de novembro de 2020

Coñece o galego

Nos seguintes enlaces atoparedes varias unidades didácticas dentro do proxecto “Coñece o galego”.






Xogos de lectura

Actividades de iniciación á lectoescritura: vocabulario, ordenar palabras, separar palabras en sílabas, a concordancia, etc. Nivel educativo: 1º e 2º de EP.


xoves, 26 de novembro de 2020

Disortografía (Actividades)

A  disortografía é un trastorno que se manifesta na dificultade para escribir as palabras de maneira  ortográficamente adecuada. A  disortografía diferénciase da  disgrafía en que os erros que a definen en ningún caso son de tipo  grafomotor, aínda que o suxeito poida ter ademais unha problemática  grafomotora implicada. 

Preme aquí

luns, 23 de novembro de 2020

Xogos de rimas | Conciencia fonolóxica.

Imos xogar coa "r" e coa "rr".

 

Caderno ortográfico

Caderno pequeno composto por 70 páxinas onde podedes atopar:

  • Oca  Ortográfica da  G e a  J
  • Oca  Ortográfica da  H
  • Taboleiro da  B e o V
  • Taboleiro da  LL e a E
  • Oca  ortográfica repaso xeral
Todos os xogos traen actividades a realizar con cada un deles e, ao final, atoparedes tarxetas para repasar toda a ortografía vista.

Conciencia silábica

Comparto con vós unhas tarxetas para traballar os 5  dígrafo utilizando vocabulario de outono. Traballo realizado por Vanessa Cuesta Nares (Ver para crear juntos).

Cada tarxeta inclúe unha rúbrica de autoavaliación na que o alumno poderá facer un seguimento persoal do seu traballo:

– Ordeno as  sílabas

– Escribo a palabra

Os  dígrafos atópanse resaltados en cor para favorecer a súa aprendizaxe




xoves, 19 de novembro de 2020

Actividades para traballar a conciencia fonolóxica

A conciencia fonolóxica é unha habilidade lingüística que nos permite identificar e utilizar os distintos sons que constitúen a linguaxe humana, como os fonemas e as  sílabas.

En xeral, a intervención en Conciencia Fonolóxica vai mellorar as habilidades para representar, identificar, manipular e operar cos sons da linguaxe, polo que vai repercutir de maneira directa na aprendizaxe da  lectoescritura, outorgándolle ao alumnado unha ferramenta esencial para comprender e aprender a estrutura da linguaxe escrita.

Preme para entrar