Imos deixar neste apartado diferentes documentos cas normas básicas Covid segundo o protocolo.
O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
venres, 11 de setembro de 2020
Xa estamos de volta (2)
Neste día tocou voltar a ver ao alumnado do CEIP Veleiro Docampo de Castro Ribeiras de Lea. Xornada na que se incorpararon os alumnos e as alumnas de 6º de Educación Infantil e 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Benvid@s!!
xoves, 10 de setembro de 2020
Xa estamos de volta (1)
Hoxe foi a quenda de cuarto e quinto de Educación Infantil e máis primeiro, segundo e terceiro de Educación Primaria. Esta etapa da "nova normalidade" iniciámola no día de hoxe no CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei. Xa temos todo listo para comenzar co traballo presencial.
Bo curso a todos e todas!!
luns, 7 de setembro de 2020
Comenzamos o novo curso 2020-2021
Estamos a piques de comenzar o novo curso 2020-2021. Unha nova etapa dentro desta nova normalidade que nos trae a Covid-19. Teremos que convivir con esta realidade e para iso temos que facer as cousas moi ben entre todos e todas.
Novas normas no centro dirixidas a previr posibles contaxios que debemos ter moi, moi claras. Na nosa aula de Audición e Linguaxe tamén temos pictografiadas as normas que van rexer a nosa estancia nestas dependencias.
Imos aló!!
sábado, 22 de agosto de 2020
venres, 14 de agosto de 2020
mércores, 29 de xullo de 2020
mércores, 15 de xullo de 2020
xoves, 2 de xullo de 2020
Audiolibros gratis
Podedes acceder ao instante a unha incrible colección de historias, incluídos títulos en seis idiomas diferentes, para axudalos a seguir soñando e aprendendo. Todas as historias son gratuítas e accesibles desde calquera dispositivo. Fai clic na imaxe para acceder aos libros e comezar a escoitalos.
Xogos comprensión lectora nos distintos niveis de primaria.
Como xogar con eles? Os xogos son presentacións de drive. Para poder xogar debedes dar a iniciar presentación.
Preme para xogar
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









