O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

domingo, 28 de xuño de 2020

Repasamos...



Opuestos

Xogamos a....



Pasapalabra de sinónimos y antónimos.

Praxias divertidas (MOL-NV)

Neste vídeo podedes ver a entrada  "praxias divertidas" compartidas a modo de cartas.
Ocorre ás veces que, cando os nenos e as nenas teñeb problemas para articular correctamente un son, dinnos que é porque non realiza correctamente as  praxias. Iso está moi ben pero…, que son as  praxias?. As  praxias son os movementos organizados, de maior ou menor dificultade, que se fan para alcanzar un obxectivo (neste caso, pronunciar correctamente as diferentes fonemas).


xoves, 25 de xuño de 2020

Adiviña

"Adiviña" é un dicionario básico do español en formato audiovisual con definicións achegadas por nenos e nenas españois. Creado co fin de fomentar a aprendizaxe do idioma cunha metodoloxía na que prima o entretemento.



martes, 23 de xuño de 2020

Repasamos a ortografía

A importancia da correcta escritura en nenos e nenas de Educación Primaria é fundamental para unha axeitada expresión escrita, polo que é un arduo labor. Con todo é necesario que se vaian formando con algúns conceptos claro, por iso comparto este material en PDF que contén mais de 290 ditados, para que repasedes nalgún momento destas vacacións.





Actividades de repaso Lingua Castelá

Neste apartado tedes estes  fantásticos xogos para repasar a área de Lingua Castelá.

Pica para entrar



luns, 22 de xuño de 2020

Cadernos pequenos de repaso descargables para todos os cursos de Educación Primaria

A editorial "A Calesa" fixo un compendio de páxinas, contidos e exercicios especialmente interesantes das súas coleccións de Educación Primaria e Secundaria, referentes a ortografía, lectura comprensiva.... Organizounos todo nuns fantásticos cadernos de repaso e tarefas clasificados por cursos e puxéronos de forma gratuíta ao dispor de todos/as os/as docentes, familias e nenos e nenas en xeral.






Xogos de mesa para aprender ortografía e vocabulario

Agora, nesta etapa de vacacións, achegareivos  deferentes ligazóns para dar ideas de posibilidades de traballo no verán. Uns minutos semanais de repaso e reforzo sempre son positivos.

A través de cartas, sopas de letras e fichas o alumnado pode practicar as regras xerais de ortografía e utilizar a linguaxe dunha forma adecuada.


 

venres, 19 de xuño de 2020

Actividades varias

Material para traballar a atención, a memoria, a discriminación visual, a orientación espacial, as cores e o vocabulario a partir de catro actividades baseadas nun quebracabezas dunha marca coñecida:
- Buscar os iguais.
- Identificar as cores.
- Buscar o animal parecido.
- Clasificar atendendo a un criterio.



Presentación interactiva para traballar as funcións executivas, a aprendizaxe de vocabulario e o razoamento lóxico, a partir da presentación de distintas situacións cotiás na que debemos tomar unha decisión e seleccionar o elemento que deberiamos utilizar para resolvela.





Chega o verán!!!

Mozos e mozas, familias, compañeiros e compañeiras, chegamos ao día 19 de xuño, esa data tan esperada que nos introduce nas vacacións de verán. Despois dun curso atípico polas circunstancias que vivimos nestes case cen días, agora toca descansar, coidarse e gozar moito ata o próximo 10 de setembro, data prevista para o comezo do novo curso. 
Vémonos en oitenta e dous días!!!! 
Felices vacacións!!!