O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

venres, 12 de xuño de 2020

Mensaxe encriptada

Mensaxe encriptada para agradecervos, tanto aos alumnos e alumnas, como ás vosas familias, o traballo e esforzo que realizáchedes, académica e persoalmente, durante esta situación derivada do  Covid-19 e desexarvos, tamén, un feliz verán. Non falta nada, o 19 de xuño, rematamos!!



Escribimos frases con palabras polisémicas

As palabras  polisémicas son aquelas palabras que teñen máis dun significado.
Nesta entrada propóñense 6 fichas para que os alumnos identifiquen a palabra  polisémica representada nos debuxos e escriba unha frase con cada un dos seus significados

Preme para descargar


Técnicas de respiración para comezar unha actividade

Material para poñer en práctica técnicas sinxelas de respiración e relaxación cos nenos e nenas. Estas técnicas son básicas antes de enfrontarse a unha tarefa curricular na aula ou a unha actividade física na sala de Psicomotricidade ou o ximnasio.
Tamén podemos utilizalas e incluílas como recurso nun  recuncho da calma, do que podemos dispoñer no centro ou en casa.



mércores, 10 de xuño de 2020

Crucigramas. Xogamos cas palabras

Esta actividade tamén é para os máis pequenos que se inician na lectura. Hai moitas maneiras de iniciar aos nenos na  lectoescritura e xogando é sen dúbida a mellor maneira. Estas 7 sopas de letras perseguen ese obxectivo aprender xogando.

Ligazón de descarga


Fichas comprensión lectora de palabras e frases

Estas fichas son ideais para traballar a comprensión lectora de palabras, en etapas de iniciación á lectura. O alumnado terá que  colorear o recadro onde pon se, se atopa o obxecto na imaxe ou non se non o atopa.



Damos un salto e pasamos á comprensión lectora de frases, pensado para alumnos/as máis avanzados na lectura. Nesta actividade o alumnado terá que ver observar a imaxe e decidir se a oración é verdadeira ou falsa. Subliñaranse as oracións verdadeiras.
Non importa tanto nesta tarefa se realmente é certo ou non, senón a análise da oración, a comprensión dela e a xustificación que o alumno poida dar á súa decisión.




martes, 9 de xuño de 2020

Vídeos para traballar a expresión oral e escrita

Propoño estes vídeos non verbais para traballar a expresión oral e escrita con alumnos/as con  TEA ou calquera alumnado con dificultades  de expresión oral, organización no discurso, anticipación… sempre ca guía dunha persoa adulta.
Iniciamos o vídeo, previamente visualizado, e ímolo parándo nos puntos que consideremos máis importantes para que fagan unha predición do que pode suceder, despois dunha rolda de predicións continuamos o vídeo e vemos que pasou e se foi capaz de predecir xusto o que estaba a pasar no vídeo. Seguimos así durante todo o vídeo ata o final. Falamos constantemente de como senten, expresións faciais, emocións que nos veñen á cabeza vendo o vídeo, vocabulario…
Despois facemos a expresión escrita do vídeo contando o contido.




Exercicios de praxias (MOL-NV), respiración e sopro

Versión longa e actualizada dos exercicios de  praxias faciais, que ademais inclúe exercicios de  contrarresistencia  lingual e aguante de peso simple  labial.  



Exercicios de  respiracion e de sopro. Aprender a respirar correctamente. Relaxación


luns, 8 de xuño de 2020

Xogo online: lectura + memoria + comprensión

Xogo  online para traballar a memoria de traballo e a comprensión lectora. 
Neste xogo o alumnado terá que ler  comprensivamente a oración, reter a información e despois localizar a información que leu na imaxe da seguinte diapositiva. 
O xogo consta de 10 oracións sinxelas.
Para xogar fa  clic na ligazón e posteriormente pulsa INICIAR PRESENTACIÓN



TEA - A metáfora do vaso da auga

Hoxe quero compartir coas nais, pais, avoas, avós, irmáns, irmás,... mestres, mestras... esta metáfora para comprender a relación entre ansiedade, autismo e conduta.



Día mundial dos Océanos - Quen vive no mar?

Material con diferentes actividades con pictogramas de Arasaac (número-cantidade, cálculo, atención e  lectoescritura) para traballar o Día mundial dos Océanos,  hoxe, día 8 de Xuño,  día establecido pola ONU para a súa celebración.