O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

xoves, 4 de xuño de 2020

Sinfóns e sílabas mixtas

Nesta actividade traballaremos de forma exhaustiva a discriminación de  sinfóns e  sílabas mixtas de forma oral e escrita. Entre as actividades incluídas, destacan:
- Exercicios de clasificar entre  sinfones / l/ e / r/, entre  sílabas mixtas e entre sinfóns e  sílabas mixtas.
- Quebracabezas que conteñen imaxes con  sinfóns e  sílabas mixtas.
- Xogos de memoria.
- Identificación de  sinfóns e sílabas mixtas.
- Crucigramas con definicións e imaxes para adiviñar a palabra.
- Localización de palabras escritas erroneamente en textos e posterior corrección.
- Completar oracións coas palabras máis axeitadas.
- Escritura de palabras a partir de imaxes.



Virginia Aragón Gimenez (Autora)
Sergio Palao (Pictogramas)

Guía para a revisión de textos escritos

Documento sinxelo e moi visual,  no que se pautan os aspectos para revisar á hora de redactar, revisar e presentar un texto (ortografía, maiúsculas, redacción, puntuación,...). Está destinado para o alumnado de final da Etapa de Primaria que se está preparando para iniciar a Etapa de Secundaria o vindeiro curso.



Actividades de comprensión lectora

Compártovos agora a versión máis sinxela deste modelo de actividades, dirixido a primeiro de primaria ou como ferramenta para traballar con alumnos e alumnas con dificultades de comprensión lectora. Neste caso o/a alumno/a pode apoiarse na imaxe para atopar de forma máis sinxela a correcta organización das palabras para compoñer a frase con sentido.



Como vimos noutras ocasións, as  inferencias son un dos recursos que máis utilizamos neste blogue para traballar a comprensión lectora. Normalmente utilizamos frases para traballar as  inferencias; nesta ocasión, complicamos algo a tarefa e imos utilizar textos curtos. A partir da información comprendida nestes textos os alumnos deben pescudar a que fai referencia e responder á pregunta que se expón.

Preme para descargar fichas de inferencias

mércores, 3 de xuño de 2020

TDAH - Actividades de mellora


Actividades para a mellora da atención e o rendemento nas actividades instrumentais. Cursos superiores de Educación Primaria.


Preme para xogar




Historia social - Evitar o contaxio por Coronavirus ao chegar a casa

Historia social adaptada con  pictogramas para anticipar todo o que debemos facer para evitar o contaxio por Coronavirus.
Moito ollo!! Non é pasado, aínda é presente.





martes, 2 de xuño de 2020

O monstro comesílabas

Compártovos outra actividade para traballar a  dislexia en formato interactivo.
O monstro comesílabas - O obxectivo do xogo é reforzar a conciencia  silábica en  sílaba inicial, intermedia e final. 

Preme para xogar ó monstro


Actividades de comprensión lectora

A seguinte actividade está pensada para traballar a comprensión lectora a partir da tarefa de completar frases. Nas seguintes frases falta un pronome ou  adverbio  interrogativo, o obxectivo é elixir cal das tres opcións posibles é a correcta e escribila na oración.



Novamente traballamos a comprensión lectora a partir de  inferencias, é dicir, a partir de información que non vén explícita no texto; pero nesta ocasión, introducimos un novo elemento: pistas visuais. É dicir, o obxectivo da seguinte tarefa é que os nenos e as nenas sexan capaces de relacionar a partir a información que achega cada frase co debuxo correspondente. Estas pistas visuais axudan á tarefa de inferir e por tanto mellorar a lectura comprensiva.





Escoita, fala e completa palabras

O obxectivo desta tarefa interactiva é traballar as habilidades metafonológicas, as cales permiten tomar conciencia de que a linguaxe oral está formada por cadeas de segmentos que configuran as palabras, as  sílabas e os  fonos. Esta conciencia, indispensable para abordar a linguaxe escrita. 

Na tarefa o/a alumno/a debe escoitar a palabra, logo unir as letras para formar esa palabra e por último pronunciar correctamente esa palabra. É necesario utilizar un explorador que che permita a opción de gravar, funciona perfectamente con  chrome. Ao pronunciar a palabra o micrófono  parpadeará durante uns segundos e despois aparecerá a palabra que pronunciaches xusto encima do micrófono.  Unha opción  interesantísima para traballar a pronuncia correcta de fonemas. 

Clica aquí




luns, 1 de xuño de 2020

O Verán - Cadernos didácticos

Cadernos didácticos e fichas relacionadas sobre o verán para traballar a linguaxe a partir de distintos contidos e actividades: identificación, habilidades  metalingüísticas, denominación, relacións  semánticas, razoamento verbal, identificación de emocións e  lectoescritura.








Conciencia fonolóxica

Material para traballar a conciencia  fonémica identificando a vogal inicial en diferentes actividades (material Arasaac)



Material para traballar a conciencia  fonológica mediante a identificación de palabras que conteñen os fonemas  B-T-D,  LL-Ñ  e  S-C-Z. (material Arasaac)

Ligazóns: