Cadernos didácticos e fichas relacionadas sobre o verán para traballar a linguaxe a partir de distintos contidos e actividades: identificación, habilidades metalingüísticas, denominación, relacións semánticas, razoamento verbal, identificación de emocións e lectoescritura.
O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
luns, 1 de xuño de 2020
Conciencia fonolóxica
Material para traballar a conciencia fonémica identificando a vogal inicial en diferentes actividades (material Arasaac)
Material para traballar a conciencia fonológica mediante a identificación de palabras que conteñen os fonemas B-T-D, LL-Ñ e S-C-Z. (material Arasaac)
Ligazóns:
sábado, 30 de maio de 2020
Xogos de secuencias, lateralidade e outros.
Secuencias:
Tres paquetes de actividades dirixidos a educación infantil e ao ciclo inicial de primaria. Realízanse series de tres, catro e cinco imaxes nas que se presentan unha secuencia de sucesos ou accións que hai que poñer en orde.
Lateralidade:
Actividades para nenos e nenas de educación infantil, que ten como obxectivo situar os obxectos ou figuras (arriba ou abaixo), e recoñecer as direccións das frechas tanto esquerda como dereita, coloreando ademais as mesmas a través de xogos de identificación, crebacabezas e asociación.
Preme aquí para xogar á lateralidade
Outros xogos clic de conceptos básicos de tempo, espazo e cantidade ou comparación. Está dirixido a alumnos/ as de 3, 4 e 5 anos e opcionalmente a educación especial. Creado a base de imaxes fotográficas e soporte sonoro que fan as actividades moi atractivas. A aplicación ten como obxectivo fixar os conceptos básicos que se traballan e iniciarse na lectoescritura de palabras mediante o son. Tamén pretende que os nenos e as nenas relacionen as imaxes co son.
Preme para acceder a xogos de tempo e espazo...
venres, 29 de maio de 2020
Actividade de visopercepción
Hai nenos e nenas que teñen dificultades de percepción visual ( relacionado coa lecto-escritura) e necesitamos traballar moito este aspecto con eles. Adestrando con actividades adecuadas, podemos axudar ao alumno e a alumna para mellorala.
Esta actividade é para traballar sobre papel facendo uso de geoplano , é ideal que o /a alumno/a cre os modelos no seu propio geoplano de forma manipulativa.
Ao realizar as actividades propostas o alumnado está a desenvolver habilidades de:
- Coordinación motriz fina.
- Viso-percepción de formas
- Percepción de posicións relativas
- Construción de estratexias: ensaio e erro.
As actividades están presentadas con progresión de dificultade crecente.
Segmentación de sílabas en frases
A seguinte actividade está pensada para traballar a conciencia silábica dentro dunha frase; a conciencia silábica fai referencia á capacidade que ten o/a neno/a para entender que unha palabra pódese dividir en unidades máis pequenas chamadas sílabas. Este tipo de exercicios adoitan resultar especialmente útiles para traballar con alumnos que presenten ou poidan presentar problemas lectoescritores. No seguinte exercicio hai unha serie de frases segmentadas en sílabas, o obxectivo é que o neno sexa capaz de escribir correctamente a frase.
Morfosintaxe
Material para traballar a morfosintaxe creando frases divertidas coas tiradas do dado.
A actividade parte dun taboleiro inicial de dobre entrada, no que temos as diferentes caras do dado e os números do 1 ao 6, que se corresponden coa orde que ocuparán os pictogramas na frase.
Na segunda folla, iremos montando a frase cos pictogramas (páxina final) no caso de que non estea adquirida a lectoescritura.
No caso de que estea adquirida, escribiremos no recadro correspondente.
Finalmente, montaremos a frase con pictogramas ou a escribiremos de forma coherente.
xoves, 28 de maio de 2020
Xogo do Lince - O/A detective dos fonemas, sílabas e palabras
Material baseado no xogo de mesa "O lince" co que se pretende traballar a conciencia léxica e silábica, traballando a segmentación de palabras e frases en sílabas e palabras respectivamente, así como a conciencia fonolóxica
O xogo contén instrucións coa explicación do contido e de como se xoga.
Textos curtos para traballar a comprensión lectora
Adxunto unha nova serie de fichas para traballar a comprensión lectora. En cada unha delas incluense dous reloxos, un para indicar o tempo de inicio e outro para indicar o tempo de finalización da tarefa. A idea destas fichas é facer un traballo de reflexión por parte do/a alumno/a do tempo empregado en realizar na tarefa.
mércores, 27 de maio de 2020
Xogo de actividades lúdico-educativas
Como sei que estades a traballar moito (díxomo un paxariño), hoxe deixovos esta ligazón dun xogo con moitas actividades lúdicas para aprender xogando.
Principio alfabético - Conciencia fonémica - Ordenar sílabas
Material impreso para traballar a conciencia silábica e o principio alfabético (asociación fonema-grafema). A actividade consiste en ordenar sílabas para formas palabras e transcribilas á súa correspondente grafía.
Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 2.1
Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 2.2
Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 2.3
Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 3.1
Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 3.2
Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 3.3
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









