A seguinte actividade está pensada para traballar a conciencia silábica dentro dunha frase; a conciencia silábica fai referencia á capacidade que ten o/a neno/a para entender que unha palabra pódese dividir en unidades máis pequenas chamadas sílabas. Este tipo de exercicios adoitan resultar especialmente útiles para traballar con alumnos que presenten ou poidan presentar problemas lectoescritores. No seguinte exercicio hai unha serie de frases segmentadas en sílabas, o obxectivo é que o neno sexa capaz de escribir correctamente a frase.
O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
venres, 29 de maio de 2020
Morfosintaxe
Material para traballar a morfosintaxe creando frases divertidas coas tiradas do dado.
A actividade parte dun taboleiro inicial de dobre entrada, no que temos as diferentes caras do dado e os números do 1 ao 6, que se corresponden coa orde que ocuparán os pictogramas na frase.
Na segunda folla, iremos montando a frase cos pictogramas (páxina final) no caso de que non estea adquirida a lectoescritura.
No caso de que estea adquirida, escribiremos no recadro correspondente.
Finalmente, montaremos a frase con pictogramas ou a escribiremos de forma coherente.
xoves, 28 de maio de 2020
Xogo do Lince - O/A detective dos fonemas, sílabas e palabras
Material baseado no xogo de mesa "O lince" co que se pretende traballar a conciencia léxica e silábica, traballando a segmentación de palabras e frases en sílabas e palabras respectivamente, así como a conciencia fonolóxica
O xogo contén instrucións coa explicación do contido e de como se xoga.
Textos curtos para traballar a comprensión lectora
Adxunto unha nova serie de fichas para traballar a comprensión lectora. En cada unha delas incluense dous reloxos, un para indicar o tempo de inicio e outro para indicar o tempo de finalización da tarefa. A idea destas fichas é facer un traballo de reflexión por parte do/a alumno/a do tempo empregado en realizar na tarefa.
mércores, 27 de maio de 2020
Xogo de actividades lúdico-educativas
Como sei que estades a traballar moito (díxomo un paxariño), hoxe deixovos esta ligazón dun xogo con moitas actividades lúdicas para aprender xogando.
Principio alfabético - Conciencia fonémica - Ordenar sílabas
Material impreso para traballar a conciencia silábica e o principio alfabético (asociación fonema-grafema). A actividade consiste en ordenar sílabas para formas palabras e transcribilas á súa correspondente grafía.
Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 2.1
Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 2.2
Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 2.3
Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 3.1
Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 3.2
Preme aquí para descargar ordenar sílabas para formar palabras 3.3
martes, 26 de maio de 2020
Parchís ortográfico
Xogo interactivo para repasar reglas ortográficas. Ideal para diferentes niveis de Educación Primaria.
Ligazón aquí
Ligazón aquí
Linguaxe oral e escrita
Que necesito...? Traballamos a funcionalidade da linguaxe oral.
Contidos a traballar: - Categorías léxicas. - Morfosintaxe. - Organización e estruturación sintáctica. - Linguaxe expresiva e comprensiva. - Habilidades conversacionais.
Preme aquí para descargar
Traballamos a conciencia fonolóxica.Contidos a traballar nesta actividade:- Conciencia fonolóxica: (conciencia fonémica, silábica e léxica).- Vocabulario (campos semánticos).- Expresión e comprensión oral e escrita.- Morfosintaxe. - Uso da linguaje oral.
Preme aquí para ver material de conciencia fonolóxica
Discriminación auditiva
Imos traballar a discriminación auditiva como parte necesaria para a estimulación da linguaxe. Material elaborado por Eugenia Romero e dipoñible no blogue dos Mestres de Audición e Linguaxe.
luns, 25 de maio de 2020
Aventura pirata
Presentación interactiva para traballar a asociación da imaxe real co pictograma diferentes pezas de vestir que temos que colocar no tendedeiro.
Unha forma moi divertida de traballar a atención, a discriminación visual, a asociación imaxe- pictograma e a aprendizaxe de vocabulario.
Preme aquí para entrar
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









