O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 22 de decembro de 2020

Conseguirémolo

Quiero felicitar a toda a comunidade educativa do CEIP Veleiro Docampo e do CEIP Ramón Falcón, pero en especial ao alumnado polo ben que o estades a facer neste curso "Covid". Sodes un exemplo de respeto e solidaridade. Grazas!!

Se seguimos así: Conseguirémolo!!

Boas Festas!!!

Labirintos de Nadal

Compartímosvos unha colección de labirintos de diferente dificultade.. Son un dos pasatempos preferidos dos nenos e das nenas e unha boa estratexia para traballar a atención. 

  

Clica aquí

Retos de Nadal

Grupo de actividades ou retos para traballar a percepción visual de forma moi  entretida sobre o Nadal . Estas actividades están pensadas como tarefas de tempo libre. Son xogos de linguaxe tamén  indicados tamén para traballar a atención , a  impulsividade e a persistencia na tarefa.

Actividades 1

Actividades 2 


 

luns, 7 de decembro de 2020

Inferencias verbais

Recurso para traballar a comprensión e a expresión da linguaxe

Inferir significa establecer relacións lóxicas, comprender conceptos abstractos, interpretar a información que nos proporciona textual ou visual e razoar a partir de nosa propia experiencia.

Estar tarxetas pódennos axudar a interpretar as  inferencias verbais en situacións cotiás.

Como utilizamos estes recursos?

– Ler a situación ou contexto que nos propoñen.

– Elixe unha das tres opcións.

Campos semánticos interactivos

Presentación interactiva para clasificar vocabulario en campos interactivos. Na presentación van aparecendo distintos animais e o/a alumno/a debe pulsar no lugar correspondente, atendendo á categoría á que pertence.

Autor: Francisco Vera


domingo, 6 de decembro de 2020

Inversión de grafemas ou escritura en espello. Diferenciación b/d/ p/ q

Aínda que a escritura en espello adoita asociarse á  dislexia ou dificultades na percepción visual, tamén é frecuente atopala nos nenos que están a iniciar o proceso de aprendizaxe da  lecto-escritura.

Esta inversión pode ser de esquerda a dereita como se observaría en  b e d, ou  p q.

Nestas tarxetas, o alumno deberá elixir o grafema correcto para completar a palabra.

domingo, 29 de novembro de 2020

Coñece o galego

Nos seguintes enlaces atoparedes varias unidades didácticas dentro do proxecto “Coñece o galego”.






Xogos de lectura

Actividades de iniciación á lectoescritura: vocabulario, ordenar palabras, separar palabras en sílabas, a concordancia, etc. Nivel educativo: 1º e 2º de EP.


xoves, 26 de novembro de 2020

Disortografía (Actividades)

A  disortografía é un trastorno que se manifesta na dificultade para escribir as palabras de maneira  ortográficamente adecuada. A  disortografía diferénciase da  disgrafía en que os erros que a definen en ningún caso son de tipo  grafomotor, aínda que o suxeito poida ter ademais unha problemática  grafomotora implicada. 

Preme aquí

luns, 23 de novembro de 2020

Xogos de rimas | Conciencia fonolóxica.

Imos xogar coa "r" e coa "rr".

 

Caderno ortográfico

Caderno pequeno composto por 70 páxinas onde podedes atopar:

  • Oca  Ortográfica da  G e a  J
  • Oca  Ortográfica da  H
  • Taboleiro da  B e o V
  • Taboleiro da  LL e a E
  • Oca  ortográfica repaso xeral
Todos os xogos traen actividades a realizar con cada un deles e, ao final, atoparedes tarxetas para repasar toda a ortografía vista.

Conciencia silábica

Comparto con vós unhas tarxetas para traballar os 5  dígrafo utilizando vocabulario de outono. Traballo realizado por Vanessa Cuesta Nares (Ver para crear juntos).

Cada tarxeta inclúe unha rúbrica de autoavaliación na que o alumno poderá facer un seguimento persoal do seu traballo:

– Ordeno as  sílabas

– Escribo a palabra

Os  dígrafos atópanse resaltados en cor para favorecer a súa aprendizaxe




xoves, 19 de novembro de 2020

Actividades para traballar a conciencia fonolóxica

A conciencia fonolóxica é unha habilidade lingüística que nos permite identificar e utilizar os distintos sons que constitúen a linguaxe humana, como os fonemas e as  sílabas.

En xeral, a intervención en Conciencia Fonolóxica vai mellorar as habilidades para representar, identificar, manipular e operar cos sons da linguaxe, polo que vai repercutir de maneira directa na aprendizaxe da  lectoescritura, outorgándolle ao alumnado unha ferramenta esencial para comprender e aprender a estrutura da linguaxe escrita.

Preme para entrar 


 

 

 

domingo, 15 de novembro de 2020

Conciencia silábica

Actividade interactiva para traballar a conciencia  silábica na que deben ordenar as  sílabas para obter a palabra que aparece no  pictograma.

A presentación consta de tres niveis diferentes de dificultade, segundo se a palabra é  trisílaba,  cuatrisílaba ou  pentasílaba.

Recoméndase activar o son para poder recibir o  feedback  auditivo da palabra e do progreso.

Autora: Rocío Hernández

Lectura global

Lectura Global con alumnos con  TEA é un material que nos remite Raquel Martín  Quitián e que nos parece moi interesante para compartir con todos vós.



 

domingo, 8 de novembro de 2020

Escritura creativa a partir de imaxes reais.

Unha das estratexias para mellorar a expresión escrita, é a través da escritura creativa. Actividades de lingua como a que vos traemos a continuación non só fomenta a habilidade lingüística senón que ademais axuda a desenvolver a escritura e a creatividade nos nosos alumnos e nas nosas alumnas.

Clica para acceder ás imaxes I

Clica para acceder ás imaxes II

Comprensión lectora

Esta actividade consiste en determinar se cada oración é verdadeira ou falsa con respecto ao debuxo. Para iso deberán procesar correctamente a estrutura  sintáctica da oración e fixarse ben na imaxe. Unha vez saiban se é verdadeiro ou falso  colorean o círculo de verde ou vermello.



As tiras de verdade ou mentira son un material recorrente para traballar a comprensión lectora.
Nesta ocasión, introducimos un elemento novo: os  pictogramas. Estes debuxos poden axudar ao neno e á  nena para comprender mellor a frase, a través da asociación imaxe-texto. As afirmacións que atopamos no exercicio trátanse de enunciados de lóxica adecuados a un nivel sinxelo.

mércores, 4 de novembro de 2020

Praxias coa vaca "Lola" (MOL-NV)

Coa axuda da nosa amiga a vaca "Lola" imos realizar uns exercicios de praxias. Estades preparados/as?


 

Traballamos a pragmática

A pragmática é unha rama da lingüística que se centra en estudar como o contexto inflúe na interpretación do significado dunha mensaxe.

O contexto pódese entender como a situación na que se pode incluír calquera aspecto  extralingüístico (situación comunicativa, coñecemento compartido, relacións interpersoais…).

A pragmática ten en conta todos os aspectos que non son puramente lingüísticos e que poden condicionar o uso que lle damos á linguaxe.

Por esta importancia, traémosvos unhas tarxetas para que os nenos e nenas comecen a dar un uso funcional á linguaxe. Nestas tarxetas, deben responder a dúas preguntas.

En que se parecen? e En que se diferencian?

As respostas poden e deben ser numerosas por iso, hase de guiar o discurso do pequeno/a.

Pero coidado, han de fixarse ben os detalles.

 Preme para entrar


Outra actividade que achegamos son estas 140 tarxetas para traballar a pragmática tamén.




martes, 27 de outubro de 2020

Caderno de atención de Halloween

Caderno  para que os/as máis peques traballen a atención, proceso psicolóxico básico moi importante no proceso de aprendizaxe do/a  neno/a.

Clica para entrar 

Empeza pola letra...?

Recurso para desenvolver a Conciencia  Fonológica.

Se traballamos desde o principio Conciencia  Fonológica, permite facer reflexionar aos nenos/ as acerca dos sons da lingua e por tanto, favorecerá a adquisición do proceso  lectoescritor.

Como utilizamos este recurso?

– Recoñece o debuxo.

– Identifica a letra pola que empeza.



Praxias (MOL-NV)


 

xoves, 22 de outubro de 2020

Alfombra de Articulemas

Nesta entrada, gracias ao traballo do equipo COMUNICAR_NOS ,  temos a  "Alfombra de  Articulemas" para traballar os diferentes sons.

Nesta "Alfombra de  Boquiletras", aparece a grafía para ir traballando, ademais de conciencia  fonémica,  o principio alfabético e realizar a asociación fonema grafema.

Preme para acceder


 
 

mércores, 7 de outubro de 2020

Comprensión lectora

A comprensión lectora é a capacidade para entender o que se le, atendendo á comprensión global do texto e tamén á comprensión das palabras.

Cando lemos activamos a capacidade de comprender, é dicir aprender as ideas relevantes dun texto e relacionalas cos conceptos que xa teñen un significado para o lector.

O texto escrito hoxe en día, alcanzou unha enorme importancia (prensa, anuncios, mensaxes instantáneas, contorna laboral, etc.), nalgúns casos concretos chega a desprazar á linguaxe oral, como ocorre cos novos  smartphones e todas as súas utilidades de mensaxería.

Clica para entrar na web de mundoprimaria e acceder aos diferentes textos agrupados por niveis.



martes, 6 de outubro de 2020

As emocións en emoticonos

Unha vez máis a través do portal de  Arasaac atopamos un material moi atractivo para traballar  deferentes aspectos. Nesta ocasión,  mediante taboeiros con pictogramasemoticonos interpretaremos diferentes emocións e estados de ánimo.




Respira - Videoconto


 

Imos xogar coas emocións!

Aquí atoparás moitos xogos moi especiais, deseñados especialmente para ti. Con eles serache máis sinxelo aprender a recoñecer e expresar as emocións e tamén aprenderás habilidades sociais!

Preme para xogar


luns, 5 de outubro de 2020

Inferencias

O documento conta con 9 tarxetas onde se expón unha situación e tras isto, realízase unha pregunta para que o alumnado detecte información non implícita, todo iso acompañado, como sempre, de apoios visuais para facilitar a comprensión da actividade, así como para asegurar a aprendizaxe sen erro, elemento que favorecerá a motivación de fronte á aprendizaxe, así como o autoestima e  autoconcepto do/a alumno/a.

Así, estamos a traballar contidos como:

  • Inferencias
  • Comprensión lectora
  • Expresión oral e/ou escrita
  • Percepción visual




Abecedario de outono (castelán)

En maiúscula, minúscula e  script. Trata os alimentos, animais e eventos máis significativos do outono.

Perfecto para o recoñecemento da grafía e a súa  fonología, discriminación de maiúscula/minúscula e aprender o abecedario de forma diferente a través do Outono.

Clica para descargar 



A ratiña fachendosa

Partindo da motivación que suscita o mundo dos contos, e axudándonos de  pictogramas, podemos axudar ás persoas para comprender mellor a súa contorna así como estimular e exercitar todos os aspectos relacionados coa linguaxe.

Preme aquí 

Todos os proxectos desenvolvidos con  pictogramas  ARASAAC, son propiedade do Gobierno de Aragón  baixo licenza Creative Commons ( BY- NC-SA) e foron creados por Sergio  Palao, autorizándose o seu uso para fins sen ánimo lucrativo sempre que se cite a fonte, autor e compártanse baixo a mesma licenza.

CUENTO: LA RATITA PRESUMIDA
Autoras: Marta López Viso, Ruth Rodríguez Pérez, María Yáñez Calviño
S.P. “CUENTOS CON PICTOGRAMAS”