O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

luns, 16 de xuño de 2025

Pautas de traballo na casa para o verán


Chegan as esperadas vacacións e é momento de descanso, xogos, diversión, praia, piscina... pero non debemos de esquecernos de seguir reforzando todo o traballado durante o curso. Por este motivo déixovos unha serie de pautas para realizar durante estes meses de verán para traballar dificultades articulatorias na casa:

1. Modelado: Fala claro e lentamente diante do teu fillo ou da tuá filla, salientando os sons que necesita practicar.

2. Práctica de sons: Repite palabras e frases que conteñan o son obxectivo, e anima ao teu fillo ou á túa filla para imitarte.

3. Xogos de linguaxe: Utiliza xogos como "Que son fai...?" ou "Atopa obxectos que empecen co son...".

4. Lectura: Lede libros que inclúan palabras co son obxectivo.

5. Práctica regular: Establece un horario regular para practicar a articulación, mesmo se só é uns minutos ao día.

6. Reforzo positivo: Anima e eloxia ao teu fillo ou filla cando articule correctamente, sen importar o pequeno que sexa o progreso.

7. Paciencia: Lembra que cada neno/a aprende ao seu propio ritmo, así que se paciente e non te desanimes.

Boas vacacións!! 😀😀



luns, 2 de xuño de 2025

Recursos Online

Durante este curso 2024-25 utilicei nas miñas sesións de audición e linguaxe Wordwall que é unha plataforma en liña que permite crear e xogar diferentes tipos de actividades educativas e xogos interactivos, como crucigramas, sopas de letras, emparellamentos, cuestionarios e máis. É moi útil para facer a aprendizaxe máis divertido e dinámico.

As actividades en Wordwall están deseñadas para traballar varios obxectivos educativos, por exemplo:

  1. Reforzar coñecementos: Axudan ao alumando a repasar e consolidar conceptos aprendidos en clase.
  2. Fomentar a participación activa: Fan que o alumnado participe de maneira divertida e motivadora.
  3. Desenvolver habilidades cognitivas: Como a memoria, a atención, a asociación de ideas e o pensamento crítico.
  4. Mellorar a comprensión: Facilitan a comprensión a través de actividades interactivas.
  5. Estimular o traballo en equipo: Algunhas actividades permiten a colaboración entre o alumnado, promovendo habilidades sociais e de cooperación.
No seguinte enlace podedes entrar na miña páxina de perfil en Wordwall

Algúns exemplos das últimas actividades creadas: