O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

luns, 26 de xaneiro de 2026

As dificultades cos sons /ñ/ e /ll/

As dificultades cos sons /ñ/ e /ll/ son bastante comúns, sobre todo ca cativada que está a desenvolver a linguaxe oral.

Son /ñ/ Exemplo: caña, uña, baño

Que adoita pasar?

Substitúese por /n/ → caña → cana

Dise como /nia/ → uña → unia

Por que é difícil?

Porque a lingua debe tocar o padal duro e o aire sae polo nariz (é un son nasal). Require unha colocación precisa da lingua.

Truquiño para practicar 

Empeza con /n/ e alonga o son, logo tenta subir a lingua:

nnnn → ññññ

Ou con palabras:

nia → ña, nio → ño 


Son /ll/ Exemplos: coello, antollo, baralla

Que adoita pasar

Confúndese con /l/ → choiva → luvia

Por que é difícil?

Porque a lingua debe elevarse e tocar os lados do padal, deixando pasar o aire polos costados.

Truquiño para practicar 

Empeza con /l/ prolongada:

lllll → ll

Practica sílabas:

lla – lle – lli – llo – llu

A confusión entre /ñ/ e /ll/ é un erro articulatorio bastante específico. En que consiste a confusión?

O/A neno/a pronuncia /ñ/ cando debería dicir /ll/, ou ao revés:

coello → coeño

caña -> calla

Por que ocorre? As dúas consonantes son:

  • Palatales (articúlanse nunha zona moi próxima do padal)
  • Requiren movementos finos da lingua

As causas máis comúns son:

  • Inmadurez articulatoria (frecuente en nenos/as pequenos/as).
  • Débil conciencia fonolóxica (non se distinguen ben os sons).
  • Dificultade no control lingual.
  • Modelos de fala confusos ou pouco claros na contorna.
  • En casos raros, trastorno fonológico ou motor do fala.

 Como diferencialas claramente?

/ñ/ -> Son nasal (sae aire polo nariz), a lingua toca o centro do padal

Exemplo: uña (proba tapar o nariz: o son córtase)

/ll/- > Son oral (aire pola boca). A lingua toca os lados do padal

Exemplo: toalla

mércores, 14 de xaneiro de 2026

Deglución atípica

A deglución atípica, tamén chamada deglución infantil, é unha forma de tragar na que a lingua non se posiciona de forma adecuada, senón que fai presión (anterior ou lateral) sobre os dentes (arcada dentaria). Os nenos e as nenas degluten entre 600 e 1000 veces ao día, as persoas adultas en cambio degluten de 2.400 a 2.600 veces ao día, polo que un mal patrón para a deglución adoita producir unha alteración na anatomía da boca.

A deglución atípica preocupanos en nenos e nenas  xa que pode afectar o seu desenvolvemento oral e da fala. Os síntomas comúns de deglución atípica nestas idades  poden incluír:

  • Mala coordinación dos músculos orais ao tragar.
  • Tendencia a empuxar a lingua contra os dentes anteriores durante a deglución (chamada deglución lingual).
  • Respiración oral en lugar de nasal.
  • Dificultade ao masticar e tragar alimentos.

A deglución atípica pode ter varias consecuencias, tanto a nivel de saúde como no desenvolvemento dos nenos e das nenas. Algunhas das posibles consecuencias inclúen:

  • Cambios na posición dos dentes e maloclusiones dentais.
  • Problemas de autoestima e confianza en nenos debido a problemas de comunicación.
  • Dificultades na alimentación e a nutrición

Que facer cando se detecta?

Nos casos nos que hai unha deglución atípica e recoméndase o uso de ortodoncia, previo diagnóstico do/a dentista, pero é necesario corrixir primeiro esta forma de deglución acudindo a un logopeda e se non se corrixe, a lingua seguirá exercendo presión sobre a arcada dentaria, e co paso do tempo, cando se lle retire a ortodoncia, esta volverá presentar alteración.

Xa sexa en persoas adultas ou en infantes o tratamento da deglución atípica é importante, especialmente en idades temperás, xa que pode previr problemas futuros. O enfoque de tratamento pode variar segundo a gravidade do caso, pero pode incluír:

1. Terapia de linguaxe: un logopeda pode axudar a reeducar a lingua e os músculos faciais para lograr unha deglución correcta.

2. Exercicios de lingua: exercicios específicos para fortalecer a lingua e mellorar a súa posición.

3. Aparellos ortodonticos: nalgúns casos, pódense utilizar aparellos para axudar a corrixir a posición dos dentes e a lingua.


Deglución Atípica e Deglución Disfuncional: Son o Mesmo?

A deglución atípica e a deglución disfuncional refírense a problemas co proceso de tragar, pero hai unha sutil diferenza:

- Deglución Atípica: refírese especificamente a un patrón anormal de tragar, onde a lingua non se coloca correctamente no padal.

- Deglución Disfuncional: é un termo máis amplo que abarca calquera problema co proceso de tragar, incluíndo a deglución atípica. Pode incluír problemas coa coordinación, a forza ou a sensibilidade dos músculos involucrados na deglución.

En resumo, toda deglución atípica é unha deglución disfuncional, pero non toda deglución disfuncional é necesariamente atípica



xoves, 8 de xaneiro de 2026

A importancia do xogo

Xogar non é lecer. É arquitectura cerebral. 

Debemos de esquecernos  da idea de que xogar é "perder o tempo". Para o cerebro infantil, o xogo é o traballo máis serio que existe. É o seu idioma natural e a ferramenta principal para construír a intelixencia.

Cando un neno ou unha nena xoga, non só se divírte; está a acender a súa cortiza prefrontal. Está a deseñar o seu centro de mando.

O ximnasio das Funcións Executivas:

O xogo é o adestramento de alto rendemento onde se desenvolven as habilidades que definen o éxito na vida adulta:

1. Control Inhibitorio: Aprender a esperar unha quenda ou a non derrubar a torre d@ outr@. É a base da autodisciplina.

2. Memoria de Traballo: Reter regras e obxectivos mentres se executa unha acción. É a capacidade de enfoque.

3. Flexibilidade Cognitiva: Cambiar de estratexia cando o plan inicial falla. É a esencia da resolución de problemas.

4. Interacción entre persoas: O xogo é unha das formas máis naturais de interacción social. Aprenden a comunicarse mellor a través do xogo, xa que nel practícanse normas, roles e regras sociais.

5. Desenvolvemento da linguaxe: Nos primeiros anos de vida, o xogo é fundamental para o desenvolvemento lingüístico. Non só aprenden vocabulario, senón tamén a usalo de maneira contextual para expresar desexos, emocións ou intencións.


A ciencia é clara:

O xogo activa a liberación de dopamina e BDNF (factor neurotrófico derivado do cerebro). Isto non é "teoría pedagóxica", é combustible biolóxico que fortalece as conexións neuronais e facilita a aprendizaxe a longo prazo.

A mensaxe é curto e directo:

Se queremos persoas adultas con criterio, capacidade de decisión e equilibrio emocional, aproveitemos os seus xogos.

É o único momento onde o cerebro está a operar á súa máxima capacidade creativa.

O xogo é o idioma do cerebro infantil. Aprende a falalo.