O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

luns, 24 de febreiro de 2025

Nuñación

Falamos de Rinoartria aos problemas de pronuncia dos fonemas nasais /m/, /n/ e /ñ/.

Nesta ocasión ímos adicarlle atención á ñuñación que é a non articulación do fonema /ñ/.

Achegamos diferentes actividades para traballar o punto de articulación coa referencia visual dos articulemas,  así como uns exemplos de actividades en linguaxe repetida e dirixida.

xoves, 20 de febreiro de 2025

Rexistro Fonolóxico Inducido (R.F.I.)

Esta proba, en primeiro lugar, rexistra as peculiaridades do fala do/a neno/a, desde un punto de vista cualitativo, en produción inducida de palabras e en repetición, se é necesario. E en segundo lugar, compara cuantitativamente a produción do/a neno/a á produción media dun grupo de nenos/as da súa idade que vive nunha contorna social similar.  

Ligazóns: 

Rexistro Fonolóxico Inducido

Rexistro Fonolóxico Inducido - Logopedia en Especial

Rexistro Fonolóxio Inducido - Alafina.es


mércores, 12 de febreiro de 2025

Sílabas trabadas

Nas sílabas trabadas existen trece combinacións posibles: bl,br,cl,cr,dr,fl,fr,gl,gr,pl,pr,tr,tl. 

Como o seu nome indica, normalmente, son sílabas difíciles de aprender para os alumnos e alumnas, xa que dan lugar a “ trabarse “ ao falar o que pode levar a cometer erros na escritura tamén.

A continuación propoño unha serie de actividades elaboradas na plataforma Wordwall