O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

xoves, 30 de marzo de 2023

Recursos educativos online

Na web de Xataka seleccionan aplicacións, recursos, servizos e contidos para diferentes niveis co obxectivo de que, os pais e nais dispoñades dun apoio e complemento ao alcance da man.  


 

luns, 13 de marzo de 2023

Habilidades sociais


A competencia social permite ao neno e á nena vivir en harmonía con quen lle rodea e gozar dunha vida emocionalmente sa. Saber relacionarse adecuadamente sen pelexar, discutir ou renderse a diario, é algo que o neno aprende na familia ou a escola mediante a imitación, ou por proba e erro. As habilidades sociais en nenos melloran o seu benestar emocional; diminúen o estrés e a ansiedade ante certas situacións sociais; e fomentan e melloran a súa autoestima.

Obxectivos de habilidades sociais a desenvolver:

  • Habilidades básicas de interacción social 
  • Habilidades conversacionais
  • Habilidades relacionadas cos sentimentos e emocións 
  • Habilidades de solución de problemas interpersoais

martes, 7 de marzo de 2023

8 de Marzo Día Internacional da Muller

Que mellor forma de celebrar este día que visualizando o bo facer de mulleres de Castro de Rei.


Un pequeno avance de Sandra, María del Mar e Rocío unhas das nosas protagonistas do documental "Coidadoras", realizado para o Concello De Castro de Rei con motivo do 8 de Marzo. Proyecto realizado por Rubén García Videógrafo e Filme Fotografía, promovido polo Concello De Castro de Rei. #filmefotografia #rubengarcia #castroderei #8m #8demarzo #diadelamujer #diadamuller #lugo #audiovisual #coidadoras #cuidadoras #mujer #muller