O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

luns, 8 de novembro de 2021

A nosa aula de Audición e Linguaxe

A nosa actuación como mestres e mestras especialistas en Audición e Linguaxe consiste en dar respostas ás necesidades do centro, do contexto, das familias e, especialmente, do alumnado en todo o relativo á atención á diversidade,  en relación ás súas capacidades comunicativo-lingüísticas.




mércores, 3 de novembro de 2021

Libros inclusivos

Os contos poden converterse nunha ferramenta marabillosa para falarlles aos nosos alumnos e alumnas, os nosos fillos e fillas de inclusión, de necesidades diferentes, de superación... mentres se divirten pasando as súas páxinas.

Traballar temas como o autismo ou a discapacidade intelectual, por exemplo, a través de lectura, é unha boa maneira de lograr esta inclusión nas aulas, pero tamén desde casa. 

 Propóñovos algúns títulos.




martes, 2 de novembro de 2021

Rockalingua

Rockalingua ofrécenos a posibilidade de aprender español con música. Foi creado para nenos e nenas ou para calquera que estea a aprender palabras e expresións básicas.

Cada xogo céntrase nun tema diferente, como cores, emocións, animais, verbos básicos, etc. Estes coloridos xogos funcionan no ordenador ou a tablet.

Esta páxina web é moi boa para practicar a comprensión oral dunha maneira orixinal.

Familias Léxicas


Familia de palabras