O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 26 de xaneiro de 2021

Conceptos básicos

Destinado á adquisición e reforzo dos primeiros conceptos básicos a través de escenas animadas. 

A combinación de gráficos ( pictogramas  ARASAAC e ilustracións de  pictocuentos) sons e texto facilitan a comprensión do concepto presentado en cada unha das escenas. Trabállase a atención, a memoria visual, a memoria  auditiva ,comprensión oral.


Agradecemos a colaboración e excelente traballo de Lucía  Fernandez  Vivancos.

 

Clica para xogar

Formamos palabras

Esta versión do xogo "o aforcado" sérvenos para estimular a conciencia fonémica e a adquisición de novo vocabulario.

Excelente traballo realizado pola mestra especialista en audición e linguaxe María José Fano.

Preme para xogar 

mércores, 20 de xaneiro de 2021

TEXTOS PARA TRABALLAR A COMPRENSIÓN LECTORA

Non é posible entender a aprendizaxe sen a lectura. A comprensión lectora do alumnado é un piar básico na súa aprendizaxe, unha base sen a cal atopará enormes dificultades para desenvolver a súa aprendizaxe normal en todas as áreas curriculares da educación primaria.

 

Preme aquí para entrar