O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 22 de decembro de 2020

Conseguirémolo

Quiero felicitar a toda a comunidade educativa do CEIP Veleiro Docampo e do CEIP Ramón Falcón, pero en especial ao alumnado polo ben que o estades a facer neste curso "Covid". Sodes un exemplo de respeto e solidaridade. Grazas!!

Se seguimos así: Conseguirémolo!!

Boas Festas!!!

Labirintos de Nadal

Compartímosvos unha colección de labirintos de diferente dificultade.. Son un dos pasatempos preferidos dos nenos e das nenas e unha boa estratexia para traballar a atención. 

  

Clica aquí

Retos de Nadal

Grupo de actividades ou retos para traballar a percepción visual de forma moi  entretida sobre o Nadal . Estas actividades están pensadas como tarefas de tempo libre. Son xogos de linguaxe tamén  indicados tamén para traballar a atención , a  impulsividade e a persistencia na tarefa.

Actividades 1

Actividades 2 


 

luns, 7 de decembro de 2020

Inferencias verbais

Recurso para traballar a comprensión e a expresión da linguaxe

Inferir significa establecer relacións lóxicas, comprender conceptos abstractos, interpretar a información que nos proporciona textual ou visual e razoar a partir de nosa propia experiencia.

Estar tarxetas pódennos axudar a interpretar as  inferencias verbais en situacións cotiás.

Como utilizamos estes recursos?

– Ler a situación ou contexto que nos propoñen.

– Elixe unha das tres opcións.

Campos semánticos interactivos

Presentación interactiva para clasificar vocabulario en campos interactivos. Na presentación van aparecendo distintos animais e o/a alumno/a debe pulsar no lugar correspondente, atendendo á categoría á que pertence.

Autor: Francisco Vera


domingo, 6 de decembro de 2020

Inversión de grafemas ou escritura en espello. Diferenciación b/d/ p/ q

Aínda que a escritura en espello adoita asociarse á  dislexia ou dificultades na percepción visual, tamén é frecuente atopala nos nenos que están a iniciar o proceso de aprendizaxe da  lecto-escritura.

Esta inversión pode ser de esquerda a dereita como se observaría en  b e d, ou  p q.

Nestas tarxetas, o alumno deberá elixir o grafema correcto para completar a palabra.