A nosa actuación como mestres e mestras especialistas en Audición e Linguaxe consiste en dar respostas ás necesidades do centro, do contexto, das familias e, especialmente, do alumnado en todo o relativo á atención á diversidade, en relación ás súas capacidades comunicativo-lingüísticas.
O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
luns, 8 de novembro de 2021
xoves, 4 de novembro de 2021
mércores, 3 de novembro de 2021
Libros inclusivos
Os contos poden converterse nunha ferramenta marabillosa para falarlles aos nosos alumnos e alumnas, os nosos fillos e fillas de inclusión, de necesidades diferentes, de superación... mentres se divirten pasando as súas páxinas.
Traballar temas como o autismo ou a discapacidade intelectual, por exemplo, a través de lectura, é unha boa maneira de lograr esta inclusión nas aulas, pero tamén desde casa.
Propóñovos algúns títulos.
martes, 2 de novembro de 2021
Rockalingua
Rockalingua ofrécenos a posibilidade de aprender español con música. Foi creado para nenos e nenas ou para calquera que estea a aprender palabras e expresións básicas.
Cada xogo céntrase nun tema diferente, como cores, emocións, animais, verbos básicos, etc. Estes coloridos xogos funcionan no ordenador ou a tablet.
Esta páxina web é moi boa para practicar a comprensión oral dunha maneira orixinal.
venres, 29 de outubro de 2021
Xogos de Samaín / Halloween
Gracias as compañeiras e os compañeiros de AGMAL contamos cunha morea de fantásticos recursos para o noso traballo diario. Nesta ocasión, e dadas as datas nas que nos atopamos, preséntovos estos xogos de atención e de velocidade comunicativa.
martes, 26 de outubro de 2021
FALA-M
Neste blogue poderedes atopar moitos recursos para traballar cos nosos alumnos e alumnas, sobre todo cos de necesidades específicas de apoio educativo. O programa de estimulación da linguaxe FALA- M é elaborado por Natalia Cortés con antigos compañeiros do colexio Vitoria Díez de Hornachuelos.
Un interesante blogue do que podemos aproveitar un gran número de actividades e recursos para traballar co noso alumnado.
martes, 19 de outubro de 2021
Lectura de palabras
O método global consiste en aplicar ao ensino da lectura e escritura o mesmo proceso que segue nos nenos e nas nenas para ensinarlles a falar. Os nenos e as nenas grazas a sua memoria visual, recoñecen frases e oracións e nelas as palabras. A palabra escrita é o debuxo dunha imaxe que evoca cada idea.
Material eleborado por Elisabeth Fernández Pérez
Imaxes de Aula PT
Hallowen ou Samaín
xoves, 14 de outubro de 2021
Introdución aos fonemas. Xestos Guberina
Xestos Guberina. Introdución aos fonemas".
Moitos dos alumnos e das alumnas que teñen dificultades para producir fonemas secuenciados á hora de construír palabras, en definitiva, dificultades en programación e posteriormente, xa na primaria, presentan dificultades na adquisición da lectoescritura. Estes xestos axudan nun primeiro momento como apoio a discriminar, secuenciar e lembrar fonemas e nunha segunda etapa, na adquisición da lectoescritura, coma xesto recordo tanto dos fonemas coma dos grafemas.
Fonte: #Soyvisual
xoves, 7 de outubro de 2021
Praxias (exercicios isotónicos da lingua)
Unha ferramenta para o tratamento das alteracións na zona orafacial son os exercicios que traballan a forza, o ton, a resistencia e a mobilidade muscular de forma activa, tamén coñecidos como praxias orofaciales.
Os exercicios de motricidade orofacial son aqueles que implican movemento voluntario dos órganos buco-fonadores. McCauley (2009) defíneos como “actividades non verbais que implican estimulación sensorial ou accións de beizos, mandíbula, lingua, padal brando,[…] que pretenden influír nas bases fisiolóxicas do mecanismo orofaríngeo para mellorar as súas funcións”.
Para continuar cremos que é fundamental entender o concepto de forza muscular e dentro desta, do ton muscular e a resistencia.
A forza é a “capacidade dun músculo de producir a tensión necesaria para iniciar o movemento, controlalo ou manter unha postura, ou tamén, a resistencia máxima que este pode exercer”. (H. Bascuñana, e. Renau, c. Abril, J.M. Puig e J. J. Aguilar).
O ton muscular é a contracción parcial, pasiva e continua dos músculos en estado de repouso. Por último, describiremos a resistencia muscular como a capacidade de levantar, empuxar ou tirar dun peso establecido por un período de tempo prolongado.
xoves, 30 de setembro de 2021
O Principiño
Para rematar este mes de setembro, hoxe quero animarvos a ler esta obra: O Principiño.
É a novela máis curta e máis famosa do escritor e aviador francés Antoine de Saint- Expéry. É un libro para pequen@s e maiores, para nen@s e adult@s. Unha obra para facernos reflexionar pero cun gran poder de atracción.
mércores, 29 de setembro de 2021
xoves, 16 de setembro de 2021
luns, 13 de setembro de 2021
xoves, 9 de setembro de 2021
Praxias (MOL-NV)
Antes de aclarar este termo, lémbrovos que é moi importante ter unha axilidade e coordinación de movementos moi precisa para falar correctamente.
E iso é precisamente o que son as praxias: movementos organizados, de maior ou menor dificultade, que se fan para alcanzar un obxectivo (neste caso, pronunciar correctamente as diferentes fonemas).
Debido a que na boca non só se realizan actividades relativas ao fala, hai que ter en conta que a realización máis ou menos dificultosa dos movementos poderían involucrar ao sopro, a alimentación...
Os exercicios máis comúns que se realizan cando un neno ou nena ten algún tipo de dificultade na realización das praxias, adoitan englobar movementos que inclúen os beizos, a lingua, os músculos próximos á boca, a mandíbula ou o veo do padal.
Ademais, como sempre dicimos, cada persoa é un mundo, e non poden realizar os mesmos movementos á mesma idade.
mércores, 8 de setembro de 2021
Comenzamos!!
martes, 29 de xuño de 2021
Feliz Verán
xoves, 10 de xuño de 2021
mércores, 9 de xuño de 2021
venres, 4 de xuño de 2021
xoves, 27 de maio de 2021
martes, 25 de maio de 2021
venres, 21 de maio de 2021
Conciencia fonolóxica
As persoas adoitan pensar que aprender a ler comeza con aprender a pronunciar as letras. Pero a maioría dos nenos e das nenas de idades temperáns están a prepararse para ler moito antes de entender que as letras representan sons. Empezan por adquirir unha habilidade da linguaxe chamada conciencia fonolóxica.
A conciencia fonolóxica é a base da lectura. Permite que as persoas recoñezan e utilicen os sons da linguaxe falada. Isto inclúe:
- Escoller palabras que riman.
- Contar o número de sílabas que ten unha palabra.
- Recoñecer a repetición de sons (“Tres tristes tigres tragaban trigo nun trigal”).
Os preescolares adoitan incluír este tipo de xogo da linguaxe, cancións, rimas e historias nas súas actividades diarias. Co tempo, os nenos e as nenas empezan a inventar as súas propias rimas e a separar as palabras en sílabas ou sons individuais.
A maioría dos nenos e das nenas adquiren a conciencia fonolóxica de forma natural. Con todo, ter dificultade con esta habilidade pode ser un sinal dun problema coa lectura como a dislexia. Os nenos que teñen dislexia poden necesita axuda adicional para aprender a recoñecer e usar os sons das palabras.
xoves, 20 de maio de 2021
Actividades de sopro
Soprar axuda no desenvolvemento da linguaxe, exercitando os músculos que interveñen no fala, especialmente os das fazulas. O sopro ademais mellora a pronuncia e axuda a consolidar os fonemas.
Agora que se achega tempo de lecer nestes meses de verán, podedes facer actividades tan sinxelas e divertidas como as que se amosan neste titorial de youtube.
mércores, 19 de maio de 2021
Praxias (movementos orofaciais e larínxeos non verbais)
Conciencia fonémica
A conciencia fonémica refírese á habilidade de escoitar, identificar e manipular os fonemas, que son as unidades máis pequenas dos sons que se combinan para formar palabras.
Unha maneira na que os nenos e nenas de Educación Infantil se preparen para ler é dándose conta das palabras, rimas e sílabas que escoitan todos os días, e xogar con elas. Isto chámase conciencia fonológica.
Os nenos e as nenas tamén comezan a entoar os sons individuais ou silábicos das palabras. Isto chámase conciencia fonémica. Mentres máis se desenvolvan esas habilidades de “ pre-lectura”, máis preparados e preparadas estarán para o reto de aprender a ler.
martes, 18 de maio de 2021
DICTAPICTO
A maioría das persoas con autismo fan uso dun sistema de comunicación baseado en pictogramas, tanto para comprender a contorna á súa ao redor, como para estruturar espazo ou o seu tempo a través de paneis ou dunha axenda de actividades, e tamén para comunicarse cos demais, sinalándoos para pedir algo.
Consciente desta necesidade, a Fundación Orange desenvolveu DictaPicto, unha app que permite pasar unha mensaxe de voz ou escrito a imaxes de forma inmediata.
Pensada para axudar ás persoas con autismo ou a aquelas que usan sistemas pictográficos para mellorar a súa comunicación, o seu obxectivo é mellorar o acceso á información e facilitar a comprensión da contorna con independencia de que as persoas que rodean á persoa con TEA coñezan estes sistemas de comunicación aumentativos e alternativos.
A tradución de voz a pictogramas prodúcese de forma automática a partir dunha frase falada do usuario; converténdoa inicialmente en texto e, de aí, nos pictogramas/imaxes que representan as palabras.
luns, 17 de maio de 2021
xoves, 13 de maio de 2021
GCompris - Software libre con máis de 100 actividades e xogos educativos.
GCompris contén un gran número de actividades e xogos educativos para nenos e nenas de entre dous e dez anos (Educación Infantil e Primaria).
Actividades que vos podedes atopar:
- Descubrindo a computadora: teclado, rato, pantalla táctil...
- Lectura: letras, palabras, práctica de lectura, escritura de texto...
- Xogos: xadrez, memoria, aliñar 4, xogo do aforcado, tres en raia...
- Outros: cores, formas, alfabeto Braille, aprender a dicir a hora...
Na actualidade, GCompris ofrece máis de 100 actividades e hai máis en desenvolvemento. GCompris é software libre, polo que ten a posibilidade de adaptalo ás súas necesidades, de melloralo e, o máis importante, de compartilo con nenos de todo o mundo.
O proxecto GCompris está patrocinado e desenvolvido pola comunidade KDE.
Para descargar GCompris, visita a súa páxina oficial e selecciona a versión que che interese: Páxina oficial GCompris.
mércores, 12 de maio de 2021
martes, 11 de maio de 2021
Material didáctico das Letras Galegas 2021 (Xela Arias)
O equipo de docentes do Seminario comparte connosco os seus agardados materiais das Letras Galegas, este curso dedicados á figura de Xela Arias.
Coñecendo a Xela Arias
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Xela Arias. Nestes tres primeiros vídeos da Real Academia Galega coñeceremos un anaco da vida de Xela.
xoves, 6 de maio de 2021
Dislexia
Presentámosche unha selección das mellores fichas de exercicios para traballar a dislexia. Nestes exercicios traballamos a discriminación visual, con letras e con cores. Cada unha das fichas ten unhas cores diferentes para evitar a asociación dunha letra cunha cor determinada.
Fonte: Edufichas
xoves, 29 de abril de 2021
martes, 27 de abril de 2021
luns, 26 de abril de 2021
venres, 23 de abril de 2021
mércores, 21 de abril de 2021
Sílabas trabadas
Denomínase como palabras trabadas a todas aquelas palabras que posúen sílabas trabadas, que son sílabas na que se atopan dúas consonantes seguidas e unha vocal. Son palabras que adoitan ser difíciles de aprender, durante o proceso de aprendizaxe da linguaxe, porque dalgunha maneira “traban” a lingua dos nenos e nenas que estan aprendendo a falar.
Son varias as palabras que posúen este tipo de sílabas, habendo ata doce combinacións destas:
bl, br, cl, cr, dr, fl, fr, gl, gr, pl, pr, e tr.
Nas palabras trabadas a sílaba coa combinación, pode atoparse ao comezo da palabra ou ao centro.
Autor: Manuel Verdugo Hernández
martes, 20 de abril de 2021
Praxias (MOL-NV)
Cas praxias bucofonatorias, que son movementos organizados que se realizan coa boca para pronunciar correctamente os fonemas, o que buscamos ao facelos é mellorar o desenvolvemento da linguaxe oral.
Actividades de comprensión lectora
Os xogos educativos dirixidos á aprendizaxe e ao desenvolvemento da linguaxe son moi efectivos para traballar con nenos e nentas de calquera idade. O emprego de recursos atractivos e divertidos para o alumnado, fará que experimenten e traballen coa linguaxe sen apenas darse conta e da forma máis divertida.
xoves, 15 de abril de 2021
mércores, 7 de abril de 2021
xoves, 25 de marzo de 2021
martes, 23 de marzo de 2021
venres, 19 de marzo de 2021
Identificamos emocións
Quen determina a nosa personalidade? Quen decide que sexamos como somos? As emocións. Sen dúbida, as auténticas capitás da nosa nave. As emocións chegan de golpe. Nacen connosco. Son as que nos darán as ferramentas perfectas para facer fronte a todo tipo de situacións, e impulsarannos a actuar, a reaccionar e a dar respostas.
Nesta actividade imos a traballar as emocións.
xoves, 18 de marzo de 2021
xoves, 11 de marzo de 2021
luns, 8 de marzo de 2021
Actividadades conciencia léxica - ordenar oracións - opostos
Imos traballar a conciencia léxica, as oracións e os opostos con este recompilatorio de actividades da plataforma Genially.
sábado, 6 de marzo de 2021
Día 8 de Marzo - Día Internacional da Muller
Recopilatorio de actividades e un vídeo adicados ao Día Internacional da Muller.
xoves, 4 de marzo de 2021
mércores, 3 de marzo de 2021
mércores, 24 de febreiro de 2021
Refráns
Son un gran exercicio de lectura, concentración e memoria, ademais dunha boa forma de comprender algunhas figuras lingüísticas e de profundar na linguaxe como vehículo de comprensión da contorna, a historia e as tradicións culturais.
Nacen para aconsellar, ensinar e advertir. Hai tipos para cada situación da vida cotiá, polo que é moi importante que os nenos e as nenas os coñezan, xa que lles axuda a coñecer o punto de vista, as tradicións e costumes dos nosos antepasados.
Todos e cada un destes refráns e se significado están preparados para que os leas de forma sinxela, así que prepárache para pasar un bo intre.
martes, 23 de febreiro de 2021
Xogamos?
«O xogo é un medio educativo de indubidable importancia a través do cal os nenos/as observan, exploran e chegan a coñecerse mellor a sí mesmos e ao mundo que lles rodea, pero sobre todo o xogo infantil proporciona a oportunidade de aprender e practicar as habilidades sociais que son tan importantes para o éxito dentro da escola e a sociedade. Debido a que os nenos/as con TEA a miúdo fracasan coas súas habilidades de xogo, é prioritario que os educadores que traballan con eles sexan conscientes destas necesidades e dominen diversos métodos para ensinarllas» (García,2003)
O xogo posibilita melloras na:
- comunicación
- interacción social
- a resolución de problemas
- aprendizaxe de regras sociais
- o desenvolvemento da teoría da mente
Neste caso imos practicar o Xogo Interactivo: xogos de compoñente motor que se realizan interactuando cun adulto.
luns, 22 de febreiro de 2021
domingo, 21 de febreiro de 2021
O monstro comesílabas
O monstro comesílabas é un fantástico xogo en liña creado por Beatriz Álvarez, mestra PT. O obxectivo do xogo reforzar a conciencia silábica en sílaba inicial, intermedia e final.
Este tipo de tarefas nas que o alumno ten que xogar cos sons son especialmente interesantes para alumnos preceptores, cunha baixa competencia en conciencia fonológica ou con dislexia.