Desexo que estas festas sexan un tempo de alegría, amor e descanso para vós e as vosas familias.
Que a maxia do Nadal vos encha de ilusión e faga que soñedes cun futuro cheo de aventuras e éxitos.
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
Desexo que estas festas sexan un tempo de alegría, amor e descanso para vós e as vosas familias.
Que a maxia do Nadal vos encha de ilusión e faga que soñedes cun futuro cheo de aventuras e éxitos.
Nos nosos centros podémonos atopar con alumnado que teña disortografía. Esta é un trastorno específico da aprendizaxe que afecta á escritura correcta, especialmente á ortografía, sen que exista un problema intelectual nin sensorial. Maniféstase en erros persistentes ao escribir.
Tipos de disortografía. Achego esta clasificación:
Disortografía fonológica
Dificultade para relacionar sons con letras. Confusión de fonemas similares: b/v, p/b, d/t
Omisións ou substitucións de letras -> Ex.: “casa” → “caza”
Disortografía visual
Problemas para lembrar a forma escrita das palabras. Confusión de letras visualmente parecidas: m/n, p/q, b/d.
Erros en palabras coñecidas -> Ex.: “había” → “abía”
Disortografía espacial
Dificultades na organización do espazo escrito. Unións ou separacións incorrectas de palabras:
Mala distribución no papel -> Ex.: “a ver” → “aver”
Disortografía temporal
Problemas para percibir a orde dos sons. Investimentos de letras ou sílabas
Ex.: “lapis” → “páliz”
Disortografía cinética ou motriz
Relacionada coa execución do movemento ao escribir. Escritura lenta ou desorganizada -> Erros por mala coordinación motora
Disortografía gramatical ou sintáctica
Erros nas normas gramaticais. Uso incorrecto de maiúsculas, acentos e signos de puntuación:
Ex.: “hoxe é sábado” → “hoxe é sabádo”
Disortografía semántica
Dificultade para comprender o significado das palabras. Uso incorrecto de palabras similares en significado:
Ex.: “votar” → “botar”
Disortografía cultural
Descoñecemento de normas ortográficas arbitrarias. Erros en palabras que non seguen regras claras
Ex.: “ome” → “home”
Cando falamos de DISFONIAS dicimos que son unha alteración da voz por un uso incorrecto da mesma por hipotonía ou hipertonía, unha respiración insuficiente ou mala coordinación da fonación. Que se puiden traducir nunha voz rouca, grave, con altibaixos no ton, voz de falsete ou voz xorda, atonal, de escasa frecuencia. Adoita combinar factores anatómicos e funcionais.
As necesidades educativas do alumnado con alteracións da voz:
En xeral as disfonías orgánicas teñen tratamento cirúrxico e posteriormente rehabilitador e, as funcionais teñen intervención logopédica aínda que, segundo os casos, precisan un acto cirúrxico ou medicación. A intervención logopédica das alteracións da voz haberá de conseguir: A educación da respiración; A eliminación dos esforzos laríngeos; A adaptación das cavidades de resonancia ao son emitido pola larinxe. Recoméndase o seguinte procedemento metodolóxico:
|Intensidade |
Relaxación -> Respiración -> Fonación -> | Duración |-> Voz cantada
| Tono |
Relaxación. Ás veces prodúcese unha hipertensión localizada nos músculos cervicais, do pescozo, dos ombreiros e os pectorales.
Hai varias técnicas de relaxación (Método Shultz, Ioga…), pero nós quedámonos con dous que se adaptan aos nenos a ás nenas:
• Relaxación por tacto. Estando o neno ou a nena sentada vánselle pasando os dedos da man polas zonas que nos interese relaxar: cara, nariz, beizos e pescozo
• Relaxación activa de Jacobson. Contraposición de tensión e relaxación. A secuencia da relaxación é a seguinte: Tensar os músculos ata o seu grao máximo; notar a sensación de tensión en todos os músculos que están tensos; relaxalos; experimentar a agradable sensación da relaxación.
Respiración. Algúns dos principais trastornos respiratorios que inflúen na emisión vocal:
Os obxectivos da educación da respiración son: Alongar a fonación; regular o aire expirado.; aumentar ou diminuír o volume da voz; conseguir unha correcta respiración.
Fonación. Comezaremos por emisións vocálicas breves e máis elevadas tonalmente tendendo a prolongalas e a recuperar a altura tonal correcta. Continuaremos con:
Nos/as nenos/as pequenos/as as sesións han de ser curtas e seguidas. É preciso que o neno/a sexa consciente do problema de voz, ten que aprender a saber escoitarse e a diferenciar o que sente. Se o neno/a non comprende pola súa idade o interese da intervención e non coopera é mellor deixala.
Nas alteracións da voz, ademais da intervención logopédica, será necesario ter en conta:
• A intervención familiar: creando un ambiente de bos hábitos vocais (evitar ruídos do ambiente, falar nun ton baixo e claro, axudar a relaxarse, coidar excesos vocais, …)
• A intervención escolar: falar sen forzar a voz, evitar berrar en ambientes ruidosos, colocar aos nenos e as nenas con alteracións de voz preto do docente,…
Os contos apoiados con pictogramas son unha ferramenta fantástica para axudar ao noso alumnado para desenvolver habilidades de lectura e comprensión.
Beneficios dos Pictogramas
A confusión entre vermello, azul e verde nun alumno ou alumna de 5 anos pode ter varias explicacións, e non sempre implica un problema serio, pero é importante estar atentos/as ante posibles deficiencias nas cores para evitar problemas na aprendizaxe e a vida diaria.
É normal aos 5 anos?
Si. Aos 5 anos moitos/as nenos/as aínda están a consolidar o recoñecemento e a denominación de cores. É común que confundan tons parecidos, distráianse ou usen palabras de cores de maneira intercambiable.
Cando podería ser daltonismo (deficiencia na visión da cor)?
A deficiencia na visión da cor adoita afectar sobre todo as cores vermello e verde, e moito menos ao azul. Sinais que poden suxerila:
Que outras causas poden explicar a confusión?
Qué podemos facer na aula?
Sinais de alarma:
Cando consultar?
Se a confusión persiste de forma constante e marcada, sobre todo entre vermello e verde, sería boa idea consultar cun optometrista pediátrico ou oftalmólogo. Poden realizar unha avaliación sinxela e adaptada á súa idade.
Os bloques de LEGO estimulan a creatividade desde o punto de vista da comunicación infantil: expresión oral, interacción, linguaxe e habilidades comunicativas.
1. Linguaxe descritiva e expresiva
Cando os nenos e as nenas constrúen con LEGO, adoitan explicar o que están a facer, que representa cada peza ou montaxe, como funcionará a súa creación Isto anímalles a usar vocabulario habitual ou novo, a describir procesos e a explicar ideas abstractas de maneira clara.
2. Argumentación e toma de decisións
Cando traballan en parellas ou grupos, deben xustificar por que queren usar certa peza; como imaxinan a estrutura que están elaborando; que función terá cada elemento... Deste xeito desenvolven habilidades de argumentación, negociación e consenso, moi valiosas para a súa comunicación interpersoal.
3. Creatividade narrativa
As construcións adoitan ir acompañadas de historias creadas por eles/as mesmos/as. Este xogo simbólico estimula a creación de relatos, enriquece a linguaxe narrativa (inicio, nó, desenlace), favorece o seu desenvolvemento oral e a lóxica ao contar historias...
4. Escoita activa e quendas de palabra (sempre baixo a supervisión e moderación do/a docente)
En actividades grupais, LEGO de xeito natural obriga a escoitar as ideas doutros/as, a respectar quendas para falar, comprender as mensaxes, acordar quen fai que, cooperar... Indubidablemente é unha contorna real de traballo colaborativo que fortalece a comunicación social.
5. Expresión emocional
As construcións reflicten diferentes emocións: medo, alegría, curiosidade, seguridade... E ao falar delas, os nenos e as nenas expresan os seus sentimentos, relacionan as súas emocións coas experiencias, desenvolven unha linguaxe emocional máis elaborada e rica.
6. Comunicación total:
Os nenos e as nenas nestes intres de xogo combinan: palabras, xestos, sinais, sons, movementos... Así desenvolven unha comunicación máis completa, integrando fórmulas de linguaxe verbal e non verbal.
7. Desenvolvemento da comunicación científica e técnica.
Sen darse conta, practican: Explicar procedementos (“primeiro poño esta base...”); describir causas e efectos (“se quito esta peza, cae”); usar vocabulario espacial e técnico básico.
8. Desenvolvemento cognitivo.
Cos LEGO trabállanse moitas funcións cognitivas de forma práctica se necesidade de materias complexos.
9. Exemplos de actividades
Imos a falar das disglosias xa que en ocasións nos atopamos con alumando que pode ter esta variación física .
Atendendo ao órgano afectado clasificaranse, segundo Gallardo e Gallego en disglosias labiales, linguales, palatinas, dentais, mandibulares:
- Frenillo labial superior hipertrófico: o frenillo é máis longo do normal producindo un diastema ou separación entre os incisivos centrais. A súa presenza dificulta a mobilidade normal do beizo superior. Como consecuencia, dificultades na articulación dos fonemas /p/, /b/, /m/, /o/, as bilabiales son substituídas pola labiodental /f/. Pódese corrixir con intervención logopédica.
- Fisura de beizo inferior: Pode ir acompañada de fisura do leporino superior, aínda que tamén se pode dar de forma illada. Afecta os fonemas bilabiales.
- Parálise facial: produce falta de mobilidade dos beizos. Pode afectar a un ou ambos os lados da cara, polo que pode ser unilateral que pode pasar desapercibida por compensación do beizo san e bilateral,que afecta os fonemas: /f/ en lugar de /p/; a /b/ ten un son bilabial fricativo; /n/ en lugar de /m/; /o/, /o/ con pouca claridade.
A fluidez lectora é a chave que abre a comprensión, a motivación e o goce pola lectura. Estas estratexias axudan ao alumnado para ler con maior ritmo, entoación e seguridade.
Practicar cada día, ler en voz alta, xogar coas palabras, escoitar bos modelos de lectura, transforma o ler por obrigación a ler por pracer.
Importante ter en conta que a fluidez non se consegue dun día para outro pero con constancia e motivación, todo é posible!!
"Ler con ritmo, entoación e fluidez non se consegue con fichas, conséguese xogando!!" @laprofemercedes
Actividade 1: Lectura con cronómetro.
Dálle un texto curto e mide canto tempo tarda en lelo. Logo repite e compara: Fixéchelo máis rápido e con menos erros!
Motiva a mellorar sen presións.
Actividade 2: Lectura por quendas.
Un le unha liña e o outro a seguinte. Cambia voces, personaxes ou acentos.
Perfecto para practicar o ritmo e a expresión.
Actividade 3: A palabra prohibida.
Escolle unha palabra que non poderá dicir ao ler. Se a din deberán facer un mini penitencia divertida!
Reforza a atención e o control lector
Actividade 4: Lectura con música
Pon música e le ao ritmo. Cambia a velocidade e o ton segundo a canción.
Ideal para traballar entoación e cadencia!
Actividade 5: Eco lector
Ti les unha frase e o alumnado repítea igual que ti imitando ritmo e emoción.
Axuda a interiorizar ton, pausas e fluidez tonal.
Actividade 6: Lectura de trabalinguas
Nada mellor para rir mentres practican.
Adestran a articulación, velocidade e coordinación oral.
Actividade 7: Lectura de roles
Cada quen interpreta un personaxe dun conto. Dálle voz ao lobo, a pulgarcito, a Batman...
Así ler é actuar!
Actividade 8: Lectura con tarxetas tolas.
Escribe frases divertidas nas tarxetas ("O can ladra coa pata de atrás") O obxectivo: ler sen trabarse... aínda que non teña sentido algún!
Risas aseguradas e fluidez en progreso.
-> Engado algún xogo en liña con algunha destas actividades
As altas capacidades relacionadas coa comunicación e as emocións refírense a un conxunto de habilidades avanzadas ou excepcionais no ámbito socioemocional e comunicativo, que van máis aló do esperado para a idade ou o contexto do noso alumnado. Estas capacidades non sempre van ligadas a un alto coeficiente intelectual, pero si a unha gran sensibilidade, empatía e competencia interpersoal.
Altas capacidades comunicativas
Implican un dominio excepcional da linguaxe, tanto verbal como non verbal. Algunhas características son:
Estas céntranse na intelixencia emocional avanzada, é dicir, unha comprensión e xestión profunda das propias emocións e as alleas.
Obsérvanse en:
Integración de ambas as dimensións
Cando se combinan as altas capacidades comunicativas e emocionais, adoitan aparecer perfís con gran potencial en:
Posibles desafíos
Aínda que son fortalezas, tamén poden xerar dificultades se non se xestionan adecuadamente:
A lectura comprensiva é unha habilidade fundamental na educación primaria que permite ao alumnado a entender e procesar a información de maneira efectiva.
Obxectivos:
- Desenvolver a comprensión lectora: Axudar aos nenos a ás nenas a entender o significado dos textos que len.
- Fomentar o amor pola lectura: Crear un ambiente no que os nosos alumnos e alumnas gocen lendo e sintan motivados para ler.
- Mellorar a comprensión da estrutura dos textos: Axudar ao alumnado para entender a estrutura dos textos e a identificar os elementos crave.
Estratexias:
- Lectura guiada: O mestre ou a mestra guía na lectura dun texto, proporcionando apoio e retroalimentación.
- Preguntas de comprensión: Os/as docentes facemos preguntas para avaliar a comprensión do alumnado sobre o texto.
Recursos:
- Textos variados: Utilizar textos de diferentes xéneros e estilos para manter ao alumnado interesado e motivado.
- Libros de lectura: Utilizar libros de lectura que sexan atractivos e adecuados para a idade e nivel dos nosos alumnos e alumnas.
- Tecnoloxía: Utilizar ferramentas tecnolóxicas para apoiar a lectura comprensiva, como aplicacións e recursos en liña.
Avaliación:
- Avaliación continua: Avaliar a súa comprensión lectora de maneira continua, utilizando diferentes estratexias e ferramentas.
- Probas de comprensión: Realizar probas de comprensión para avaliar a súa capacidade para entender e procesar a información.
Beneficios:
- Mellora da comprensión lectora: A lectura comprensiva axuda ao alumnado para mellorar a súa capacidade para entender e procesar a información.
- Desenvolvemento do pensamento crítico: A lectura comprensiva axuda ao alumnado para desenvolver o seu pensamento crítico e a analizar a información de maneira efectiva.
- Mellora da comunicación: A lectura comprensiva axúdalles para mellorar a súa capacidade para comunicarse de maneira efectiva e a expresar as súas ideas e opinións.
En resumo, a lectura comprensiva é unha habilidade fundamental na educación primaria que require un ensino efectivo e un enfoque integral. Ao utilizar estratexias e recursos adecuados, os docentes podemos axudar aos nosos alumnos e alumnas para desenvolver a súa comprensión lectora e a mellorar a súa capacidade para procesar a información de maneira efectiva.