O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

luns, 30 de outubro de 2023

Disgrafía & Disortografía

A disgrafía é o trastorno da aprendizaxe que se manifesta n@s nen"s mediante unha escritura deficiente. @s menores que teñen disgrafía adoitan sufrir unha falta de habilidades motoras, polo que non presentan necesariamente problemas intelectuais, neurolóxicos, sensoriais, afectivos e sociais.

Esta desorde relaciónase co acto motriz que consiste en transcribir a linguaxe verbal á linguaxe escrita. Por esta razón, é común achar no alumnadi con disgrafía problemas relacionados con déficit de atención, hiperactividade e/o impulsividade.

 Características da disgrafía

  1. A grafía d@ alumn@ caracterízase por estar formada de letras de gran tamaño. Tamén é habitual a escritura inclinada, os espazos esaxerados entre as letras que compoñen a palabra ou, todo o contrario, escriben as letras demasiado apertadas
  2. Non respeta o interlineado nin as marxes. É frecuente que se salten liñas.
  3. O acto de escribir, ademais, requírelles un notable esforzo. Queixanse de que se cansan e, mesmo, evitan a tarefa.
  4. Non son capaces de gardar unha postura correcta á hora de escribir
  5. Non saben coller o lapis correctamente e/ou aplican demasiada forza no trazo.
  6. Escriben demasiado rápido ou moito máis amodo ao esperado segundo a súa idade e maduración.


A gran dificultade do alumnado disortográfico é a adquisición e asimilación da normativa ortográfica á hora de construír un discurso escrito. En moitos casos, a disortografía vén asociada á dislexia; por iso é polo que ás veces confúndanse ambos os trastornos. Noutros casos, o alumnado manifesta disortografía como un problema de aprendizaxe específica: sen indicios de problemas na lectura, discapacidade intelectual ou déficit de atención.



Así mesmo, pódese definir a disortografía como a alteración da linguaxe escrita, onde se observan dificultades na ortografía e a escritura.

 Cales son os erros ortográficos máis comúns neste alumnado?

  1. Omisión de artigos e concordancias en número, por exemplo: Compreime bolígrafo, A nenas xogan ao fútbol…
  2. Problemas de acentuación e na expresión de verbos irregulares, por exemplo: escribir haiga por “haxa”, do verbo “haber”; escribido por “escrito”.
  3. Dificultades na correspondencia de fonema e grafema, especialmente á hora de diferenciar b e d, b e p...
  4. Adicións na escritura de palabras, por ex.: patitinete (patinete), Bilbado (Bilbao).
  5. Inversións na construción de palabras, por ex.: a palabra “planta” escríbea como pantal.


Ademais, o alumno con disortografía ten dificultades para deletrear, debido a que confunde letras.

 Fonte: Unir 

Enlaces de Interés:

RED EDUCA

HSEducación

Disortografía




6 comentarios:

  1. Moi interesante este artigo! Ás veces é difícil entender as diferenzas entre disgrafía e disortografía. block game sinxelo e práctico!

    ResponderEliminar
  2. Que bo artigo! Explica moi ben as diferenzas entre disgrafía Ghibli Art Generator pouco. Moi útil para profes e pais!

    ResponderEliminar
  3. Moi chulo o artigo! Explica de forma sinxela e clara a diferencia entre disgrafía e disortografía. É moi útil para entender mellor estes temas e axudar aos nosos Body Type Calculator Grazas!

    ResponderEliminar
  4. Moi bo artigo! Explica moi ben as diferenzas e axuda a entender mellor as dificultades Darakaraka Calculator esta información tan útil!

    ResponderEliminar
  5. Moi interesante e útil! Por fin entendo ben a diferencia entre disgrafía e disortografía. Grazas pola explicación sinxela e Hairstyle Ai

    ResponderEliminar