O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 28 de febreiro de 2023

Mestres e mestras de Audición e Linguaxe (II)

Os mestres e mestras especialistas de Audición e Linguaxe constituímos un recurso persoal especializado de resposta á diversidade co obxectivo de que os centros educativos proporcionen unha adecuada intervención educativa preventiva e proactiva, por unha banda, no relacionado coas necesidades e barreiras derivadas das dificultades na comunicación, linguaxe e fala; e, por outra, na promoción da competencia comunicativo-lingüística de todo o alumnado.

En definitiva, entre as nosas funcións está PREVENCIÓN, DETECCIÓN, AVALIACIÓN e INTERVENCIÓN das barreiras COMUNICATIVO LINGÜÍSTICAS do alumnado e da súa contorna social e educativa. 





luns, 27 de febreiro de 2023

Trabalinguas curtos para nenos e nenas – Xogos didácticos infantís

 

Nesta canle de Youtube pódense atopar dinámicas con trabalinguas de curta duración (dous minutos) que serven para que o alumnado consiga traballar a súa velocidade oral. En primeiro lugar, o narrador reproduce o texto coa súa propia voz para que, despois, o estudante recíteo en dez segundos. O reto consiste en facelo correctamente no primeiro intento, aínda que é posible repetir o vídeo para tratar de logralo de novo.

venres, 24 de febreiro de 2023

Calcetís e Paxaríns

Desde o estudio de creación MOUmm (www.mou.gal)/Zumalab e baixo o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística (programa Tece Redes en Galego), preséntannos o proxecto de creación audiovisual CALCETÍS e PAXARÍNS, unha serie  pensada específicamente para a difusión e valorización de variedades dialectais do galego.

Son dez episodios de vídeos independentes, de catro minutos de duración cada un (10 x 4), que acompañan a tres cativas e as súas familias, buscando as diferenzas na fala das súas respectivas áreas lingüísticas, pertencentes aos tres grandes complexos lingüísticos da fala galega. Así, son persoas de Baio (Costa da Morte), Xermade (Terra Chá) e Folgoso (Courel) as encargadas de establecer ese diálogo comparativo.

Búscase construir un formato ameno e divertido de achegamento a esta riqueza lingüística da que gozamos en todo o territorio galego, falando arredor de temas como o magosto, flora, fauna, xogos, contos…  

CALCETÍS e PAXARÍNS foi concebida como material de apoio para clases de lingua galega, con uso aberto para toda a comunidade educativa do país. A serie está colgada no repositorio da secretaría de Política Lingüística

 

 

 

luns, 6 de febreiro de 2023

Actividades TEA

Preséntovos 14 xogos interactivos para poder practicar situacións do día a día ou xogos entretidos como arrastrar e soltar ou quebracabezas.

Todos os xogos poden xogarse tanto en ordenadores como en tablets ou teléfonos. Ao empezar cada xogo poderás ver unha pantalla coas instrucións do xogo.  Para acceder a cada xogo, feixe click en cada imaxe.

 
 Fonte: Cetea Ediciones