Xogo da palabra oculta para aprender vocabulario sobre o Outono.
O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
martes, 29 de setembro de 2020
Memoria - Campos Semánticos
Preséntovos unha lámina para estimular a MEMORIA a curto prazo que contén 12 estímulos visuais pertencentes a tres categorías semánticas diferentes: froitas, obxectos relacionados coa hixiene e pezas de vestir.
Nesta actividade, o/a alumno/a memorizará visualmente todos os elementos posibles nun tempo estimado. Loxicamente, este tempo debe variar en función do seu nivel. Unha vez transcorrese este tempo, verbalizará todos os elementos que lembre seguindo a orde que lle pidamos, en base aos tres campos semánticos.
É un recurso moi completo porque ademais de estimular a memoria, estamos a realizar unha actividade de VELOCIDADE DE PROCESAMENTO ao introducir un tempo máximo e, doutra banda, estimulamos a LINGUAXE E A CATEGORIZACIÓN.
Cadernos de estimulación cognitiva
Cadernos de fichas destinadas á estimulación cognitiva do alumnado, principalmente, no referente a atención, concentración, discriminación, emocións, rutinas, léxico, semántica, razoamento lóxico, funcións executivas e pragmática.
domingo, 27 de setembro de 2020
sábado, 26 de setembro de 2020
Material TEACCH - Relaciona as árbores e os/as froitos/as do outono
Material manipulativo tipo TEACCH para traballar a asociación das árbores e os froitos/as do outono de forma autónoma, grazas ás claves de cor.
As imaxes que forman parella teñen no bordo o mesmo cor. Ademais o froito/a aparece en pequeno na imaxe da árbore correspondente co cal o/a alumno/a non terá ningunha dificultade en utilizar este material.
Clica aquí para acceder os materiais
O outono: actividades e recortables
venres, 25 de setembro de 2020
xoves, 24 de setembro de 2020
Tarxetas para relacionar e categorizar
A estimulación cognitiva é o nome que se lle dá a todas as accións e estratexias que permiten o desenvolvemento, estimulación e mellora das funcións cognitivas dos nenos. Nesta ocasión, imos traballar con tarxetas cuxo é obxectivo é relacionar e categorizar unha serie de conceptos.
Fichas para traballar sobre o Covid-19 - Coronavirus
Presentación e documento con fichas para traballar diferentes contidos e actividades relacionados co Covid-19 ou Coronavirus.
Este material pódese traballar de maneira complementaria a través dun vídeo educativo sobre conceptos e as novas normas a adoptar #ante o Coronavirus.
luns, 21 de setembro de 2020
Estimulación cognitiva
Fichas destinadas á estimulación cognitiva do alumnado, principalmente, no referente a atención e razoamento.
Trátase de 12 fichas agrupadas en tres categorías de acción: unir iguais, relacionar obxecto-uso, e localizar elementos concretos. Trátase dunha serie de fichas que axudan na estimulación da atención e o razoamento.
Este tipo de actividades axudan na execución autónoma do exercicio a través da escritura do enunciado en maiúscula, os apoios visuais, e o exemplo.
venres, 18 de setembro de 2020
Asociación imaxe – texto
Os exercicios nos que traballamos a asociación imaxe – texto poden ser un bo recurso para exercitar a comprensión lectora, ademais podémolo converter nun xogo se o expomos como unha serie de adiviñas na que o alumnado debe pescudar de que animal se trata e emparellalo co seu debuxo.
Introducir debuxos ou imaxes en tarefas que están destinadas a traballar a comprensión lectora facilita a súa realización e motiva ao alumnos ao desempeño destas actividades.
xoves, 17 de setembro de 2020
Taboleiro de ortografía
O seguinte material é un divertido taboleiro para exercitar a ortografía a través do xogo. Sen dúbida, a ortografía é un dos aspectos que máis lles custa asimilar aos nenos e as nenas cando xa aprenderon a escribir, algúns mesmo arrastran estes problemas ata a adolescencia ou a mocidade. Na maioría dos casos débese a que non prestan a debida atención mentres escriben, aínda que ás veces pode tratarse de falta de adestramento e práctica. Afortunadamente, existen algunhas estratexias que poden axudar ao noso alumnado para mellorar a súa ortografía.
mércores, 16 de setembro de 2020
Cronograma escolar
Cronograma escolar para o curso 2020-21, no que se reflicten os acontecementos máis relevantes do ano, para traballar na aula os valores de cada acontecemento e afianzar conceptos relacionados co mesmo.
Vocabulario e razoamento lóxico
luns, 14 de setembro de 2020
Tiras da verdade ou mentira
As tiras de verdade ou mentira son un material para traballar a comprensión lectora. Supoñen un excelente recurso para traballar a lectura comprensiva a modo de xogo. Ademais, como ocorre neste caso, utilizamos temáticas que sexan atractivas para os nenos e as nenas e que lles motive á realización de tarefas como estas.
venres, 11 de setembro de 2020
Normas e rutinas básicas
Carteis coas normas e rutinas básicas para combater e evitar o contaxio por Coronavirus - Covid-19 no colexio.
As normas comprenden os diferentes comportamentos que se deben ter enconta no colexio, na nos corredores, nos baños e nas aulas, entre elas, a noso aula de audición e linguaxe.
Guía para voltar á escola
Imos deixar neste apartado diferentes documentos cas normas básicas Covid segundo o protocolo.
Xa estamos de volta (2)
Neste día tocou voltar a ver ao alumnado do CEIP Veleiro Docampo de Castro Ribeiras de Lea. Xornada na que se incorpararon os alumnos e as alumnas de 6º de Educación Infantil e 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Benvid@s!!
xoves, 10 de setembro de 2020
Xa estamos de volta (1)
luns, 7 de setembro de 2020
Comenzamos o novo curso 2020-2021
Estamos a piques de comenzar o novo curso 2020-2021. Unha nova etapa dentro desta nova normalidade que nos trae a Covid-19. Teremos que convivir con esta realidade e para iso temos que facer as cousas moi ben entre todos e todas.
Novas normas no centro dirixidas a previr posibles contaxios que debemos ter moi, moi claras. Na nosa aula de Audición e Linguaxe tamén temos pictografiadas as normas que van rexer a nosa estancia nestas dependencias.
Imos aló!!