O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

martes, 29 de outubro de 2024

Prosodia

Traballar a entoación, ritmo e fluidez nunca foi tan fácil e entretido. Este carrusel está cheo de actividades que axudarán a desenvolver estas habilidades no alumnado de forma dinámica.

Fonte: Orientación Andujar



Trazos específicos e compartidos entre Autismo (TEA), TDAH e Altas Capacidades

Interesante este enlace compatido por @anabelcornago. Diagrama creado por Katy Higgins Le para mostrar os trazos específicos e compartidos entre Autismo, TDAH e Altas Capacidades. Tradución ao español por parte de Carlos Mal.



venres, 11 de outubro de 2024

Lateralidade

A lateralidade permite establecer o uso do lado do corpo, xa sexa dereito ou esquerdo neste destínase a disposición lingüística do proceso lector (Merchán, 2011). Cando presentan unha mala lateralidade ocasionan dificultades na orientación espacial, dislexia, lectura e escritura (Fernández, 2008).




xoves, 10 de outubro de 2024

Dislalia Fisiolóxica ou Evolutiva (T.S.F)

Hoxe quero pararme a falar da dislalia fisiolóxica ou evolutiva dada a preocupación das familias e incluso de mestr@es compañeir@s. 

Diremos que esta dislalia prodúcese pola inmaturidade das estruturas involucradas no fala e dificultades na discriminación auditiva. Este tipo de dislalia é moi común e a maioría d@s nen@s son capaces de superar este problema antes de cumprir cinco anos.

A dislalia, en xeral, é un trastorno do fala común entre @s nen@s en educación infantil que se caracteriza pola dificultade ou incapacidade de distinguir os sons e, por tanto, de articular ou pronunciar correctamente un ou máis fonemas (sons).

Cantos máis sons se vexan afectados, a comprensión da fals do/a nena/o tórnase complicada, podendo ser practicamente inintelixible. Actualmente, o termo de dislalia é substituído por trastorno fonolóxico ou Trastorno dos Sons do Fala (TSF).

A maioría das veces, esta dificultade afecta a nen@s de entre 4 e 8 anos. Pero nalgúns casos, sen o tratamento adecuado, poden padecela ata a idade adulta. As causas non se deben a ningunha malformación anatómica na zona bucal, lesión cerebral ou defectos auditivos.

Nas primeiras etapas é normal a confusión dalgúns sons e a facilidade do/a neno/a por un fala cómoda con pouca precisión articulatoria. Aos dous anos é habitual que o fala só sexa comprensible ao 50%.

A detección temperá e o tratamento por parte de profesionais, como @s mestr@s de audición e linguaxe,  é fundamental para que este trastorno non provoque dificultades no seu estado emocional nin na aprendizaxe lectoescritor d@ nen@. En ocasións , o/a neno/a reproduce na lectura e a escritura os erros que comete ao falar. 


 

Como podedes axudar as familias?

Frecuentemente, cando falamos cos pais e nais d@s nen@s que presentan algún tipo de dislalia, insistímoslles na importancia de coordinar o noso traballo e continualo na casa, para que os resultados sexan mellores e se vexa unha melloría canto antes. Algunhas pautas para ter en conta as familias c@ nen@ poden ser:

  • Falarlle lentamente, con entoación normal e pronuncia clara.
  • Falar con claridade e articulando ben.
  • Evitar repetir as palabras mal articuladas pol@ nen@ aínda que sexan graciosas.
  • Utilizar un vocabulario apropiado, enmarcado en frases sinxelas e tratar de responder as preguntas d@ nen@ con precisión.
  • Falarlle de cousas que lle interesan e poden chamar a súa atención.
  • Introducirse nos seus xogos, de forma que se favoreza o diálogo.
  • Utilizar a «corrección indirecta»: Cando nos toque a quenda de responder ou continuar a conversación devolver ao neno/a (o que dixo mal) de forma correcta sen facerlle sentir incompetente: Se di: «Me dele a tateta», podemos responder: Ah, dóeche a cabeza, En que sitio da cabeza dóeche?…
  • Darlle ocasión para contar o que fixo e o que pensa, evitando facerlle excesivas preguntas e animándolle a falar en situacións de non tensión.
  • Eliminar preguntas, interrupcións e esixencias das preguntas que fan que o/a neno/a necesariamente teña que emitir unha resposta, o que aumenta a esixencia da situación comunicativa. As interrupcións provocan cortes na comunicación d@ nen@, esixindo así un novo comezo das súas emisións, o cal constitúe unha dificultade engadida.
  • Comezar tranquilamente usando “quendas”.
  • Respectar as quendas conversacionais.
  • Non adiantarse e non concluír nin as palabras nin as oracións que a el ou a ela lle custa.
  • Cando estamos a xogar co/a neno/a non debemos centrar a nosa atención en que este fale continuamente. As nosas emisións deben ser comentarios en voz alta, tanto para falar das nosas accións como das que nese momento realiza o/a neno/a. Estes comentarios conseguirán que se dea comunicación verbal sen que o/a neno/a senta obrigado a falar, diminuíndo así o Algunhas pautas para ter en conta os pais co neno poden ser:nivel de esixencia.
  • Darlle confianza, que sinta que o que di é importante e que vai ser escoitado/a.
  • Eliminar todo intento de que fale.
  • Non pedirlle que conte algo ou que fale diante doutras persoas.
  • Evitar calquera comentario ou expresión facial que mostre desaprobación da súa fala, pola contra, débese tratar de adoptar unha expresión neutra (coma se falase ben).
  • Verbalizar con el/ela todas as condutas: ao lavar nomearlle as partes do corpo, ao vestirlle o nome da roupa, ao ..
  • Lerlle desde       pequeno/a        contos,        para      incrementar         o seu vocabulario e afeccionarlle á letura
  • Fuxir de palabras tales como: «iso», «o cacharro ese», «o traste»…
  • Que leve unha dieta sólida para exercitar a mastigación. Evitar hábitos de succión: chupete, biberón, chupar o dedo, o lapis, o pescozo das ..
  • Se ten carie ou mala colocación dos dentes levarlo/a ao dentista.
  • Ensinarlle a soarse e se respira pola boca ou ronca, levalo/a ao otorrino para descartar vexetacións.
  • Cando teña otitis, tratalo/a ata o final e se son frecuentes facerlle un estudo de audición.


martes, 8 de outubro de 2024

Habilidades lingüísticas d@s nen@s con TDAH

O alumnado con TDAH demostran, en xeral, peores habilidades lingüísticas que @s nen@s que non padecen este problema en todos os niveis básicos da lingua.

Destacamos que, no nivel fonético-fonológico, existen dificultades de fala ata idades avanzadas.

Por outra banda, as tarefas de recoñecer o son das letras resultan especialmente difíciles ao alumnado con TDAH. Como consecuencia das dificultades na memoria operativa (capacidade de procesamento e almacenamento de información que nos permite realizar calquera tarefa cognitiva complexa como a lectura, o pensamento ou a aprendizaxe) e a impulsividade, mesmo nos nenos máis maiores.

Ademais, estas dificultades na memoria operativa e a impulsividade, inflúen á hora de facer frases e aprender vocabulario. En definitiva, todas estas dificultades actúan interferindo a comunicación, tanto a nivel expresivo como comprensivo, facendo que sexan menos eficaces no procesamento da linguaxe, fundamentalmente en contextos lingüisticamente máis esixentes.

Con todo, existe unha gran variabilidade: desde nen@s que teñen unha linguaxe normal, ata nen@s que desde os criterios da patoloxía da linguaxe teñen trastornos da linguaxe. Consecuentemente, é necesario levar a cabo unha avaliación d@s nen@s con TDAH, unha exploración sistemática da linguaxe co fin determinar dificultades e de valorar riscos.

Fonte: Ángela Sánchez


 

Ligazóns de interese:

Red Cenit

Fundacioncaixarural

Fundacioncadah.org

isep




EXERCICIOS SOMÁTICOS PARA O CEREBRO TDAH


👉🏼 Beneficios:

  • Estimular o uso de ambos os hemisferios
  • Fomentar as memorias de curto, mediano e longo prazo
  • Estimular o sentido do equilibrio.
  • Fomentar a atención constante.
  • Desenvolve a lateralidade e a coordinación ollo, man e oído, entre outros.


Xogamos coa "z"