O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN

O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"

mércores, 29 de maio de 2024

Rotacismo ou dificultade para pronunciar a R

A adquisición do código fonético nos nenos e nenas é un proceso de aprendizaxe que se dá a medida que crecen. É moi común, que @s nen@s durante este proceso atopen dificultades á hora de aprender a pronunciar o fonema 'r'. Este trastorno na pronuncia adoita ser pasaxeiro, pero é importante que reciban a axuda necesaria para corrixilo.

Existen diferentes motivos polos que @ nen@ pode ter dificultades para producir este son. 

Algúns deles son os seguintes:

- O punto de articulación: non coloca a lingua onde hai que facelo para producir o son /r/, e non sopra como cómpre.

- Fenda no padal

- Déficit auditivo. Iso impídelle diferenciar este fonema doutros similares.

- Dificultade na discriminación auditiva do fonema por outros motivos.

- Frenillo lingual longo ou curto


 

 

martes, 21 de maio de 2024

Trabadas

Os TSH (Trastornos dos Sons do Fala) son as dificultades que máis adoitamos atopar nas nosas aulas de audición e linguaxe. As trabadas líquidas e róticas, xunto ao fonema rótico percusivo /r/ son en ocasións os máis complicados de traballar co noso alumnado. 

As sílabas trabadas adoitan ser difíciles de pronunciar no noso alumnado.

Atopamos trece combinacións posibles: bl,br,cl,cr,dr,fl,fr,gl,gr,pl,pr,tr,tl. Son sílabas difíciles de aprender para os alumnos e alumnas, xa que dan lugar a “ trabarse “ ao falar.

Normalmente custa menos articular os sinfones con “l”, teñen menos dificultade que os que conteñen a “r”.

Á hora de comezar a traballar as trabadas  debemos asegurarnos que os nenos e nenas non presentan dificultade en pronunciar as sílabas por separado, é dicir, si empezamos a traballar polo sifón “pra” primeiro debemos observar se a pronuncia da “p” e a “r” por separado é correcta..

Importante:

  1. Realizaremos actividades de lectoescritura e modelado.  Podemos elixir un bloque de sílabas e presentarllas. Primeiro debemos ser nós quen leamos de forma correcta e animemos ao alumnado a repetir o que estiveron escoitando.
  2. Facelo lentamente, para que o neno ou a nena poida copiar ben todos os movementos da boca e demais órganos fonatorios.


É un proceso lento pero con constancia, paciencia e tempo acabará pronunciando correctamente sen darse conta.

Existen xogos de palabras, cancións, quebracabezas de sílabas … Todos eles axudan na adquisición das sílabas trabadas.

 

Guía elaborada por Paloma Gutiérrez. Logopeda especialista en trastornos da linguaxe e a comunicación. Investigadora activa e autora do Método Logo-Bits

 

 

mércores, 15 de maio de 2024

O xogo de Simón

O xogo de Simón é un excelente xogo de memoria para adestrar e exercitar a súa memoria. Unha práctica regular, permite mellorar a túa memoria mentres que divertirse. É un excelente e famoso xogo de memoria. A serie de teclas iluminadas xérase aleatoriamente, por iso o xogo é infinito e podes xogar tantas veces como queiras.