Nesta semana adicada a esta celebración terrorífica, achegamos novas actividades que podemos realizar co noso alumnado.
Clica para acceder ao Caderno Halloween
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
Nesta semana adicada a esta celebración terrorífica, achegamos novas actividades que podemos realizar co noso alumnado.
Clica para acceder ao Caderno Halloween
Caderno para que os/as máis peques traballen a atención, proceso psicolóxico básico moi importante no proceso de aprendizaxe do/a neno/a.
Recurso para desenvolver a Conciencia Fonológica.
Se traballamos desde o principio Conciencia Fonológica, permite facer reflexionar aos nenos/ as acerca dos sons da lingua e por tanto, favorecerá a adquisición do proceso lectoescritor.
Como utilizamos este recurso?
– Recoñece o debuxo.
– Identifica a letra pola que empeza.
Nesta entrada, gracias ao traballo do equipo COMUNICAR_NOS , temos a "Alfombra de Articulemas" para traballar os diferentes sons.
Nesta "Alfombra de Boquiletras", aparece a grafía para ir traballando, ademais de conciencia fonémica, o principio alfabético e realizar a asociación fonema grafema.
Ás veces atopámonos cunha unha dificultade para a comprensión de textos escritos, así como para distinguir ou memorizar letras ou grupos de letras, entre outros problemas. Non é unha discapacidade intelectual. Considérase unha das dificultades específicas da aprendizaxe, xunto con outras que afectan fundamentalmente á comprensión oral e escrita da linguaxe.
Material manipulativo para traballar as onomatopeyas relacionadas con accións, animais e sons do corpo humano e as letras.
Clica para a ruleta das letras
Presentación interactiva para traballar o razoamento lóxico elixindo á persoa que debemos chamar nunha situación de emerxencia.
A comprensión lectora é a capacidade para entender o que se le, atendendo á comprensión global do texto e tamén á comprensión das palabras.
Cando lemos activamos a capacidade de comprender, é dicir aprender as ideas relevantes dun texto e relacionalas cos conceptos que xa teñen un significado para o lector.
O texto escrito hoxe en día, alcanzou unha enorme importancia (prensa, anuncios, mensaxes instantáneas, contorna laboral, etc.), nalgúns casos concretos chega a desprazar á linguaxe oral, como ocorre cos novos smartphones e todas as súas utilidades de mensaxería.
Clica para entrar na web de mundoprimaria e acceder aos diferentes textos agrupados por niveis.
Unha vez máis a través do portal de Arasaac atopamos un material moi atractivo para traballar deferentes aspectos. Nesta ocasión, mediante taboeiros con pictogramas e emoticonos interpretaremos diferentes emocións e estados de ánimo.
Aquí atoparás moitos xogos moi especiais, deseñados especialmente para ti. Con eles serache máis sinxelo aprender a recoñecer e expresar as emocións e tamén aprenderás habilidades sociais!
O documento conta con 9 tarxetas onde se expón unha situación e tras isto, realízase unha pregunta para que o alumnado detecte información non implícita, todo iso acompañado, como sempre, de apoios visuais para facilitar a comprensión da actividade, así como para asegurar a aprendizaxe sen erro, elemento que favorecerá a motivación de fronte á aprendizaxe, así como o autoestima e autoconcepto do/a alumno/a.
Así, estamos a traballar contidos como:
En maiúscula, minúscula e script. Trata os alimentos, animais e eventos máis significativos do outono.
Perfecto para o recoñecemento da grafía e a súa fonología, discriminación de maiúscula/minúscula e aprender o abecedario de forma diferente a través do Outono.
Partindo da motivación que suscita o mundo dos contos, e axudándonos de pictogramas, podemos axudar ás persoas para comprender mellor a súa contorna así como estimular e exercitar todos os aspectos relacionados coa linguaxe.
Todos os proxectos desenvolvidos con pictogramas ARASAAC, son propiedade do Gobierno de Aragón baixo licenza Creative Commons ( BY- NC-SA) e foron creados por Sergio Palao, autorizándose o seu uso para fins sen ánimo lucrativo sempre que se cite a fonte, autor e compártanse baixo a mesma licenza.