O QUE O MUNDO NECESITA SON - PALABRAS E MÁIS COMUNICACIÓN
"O que o noso mundo necesita son menos palabras e máis comunicación"
domingo, 28 de xuño de 2020
Praxias divertidas (MOL-NV)
Neste vídeo podedes ver a entrada "praxias divertidas" compartidas a modo de cartas.
Ocorre ás veces que, cando os nenos e as nenas teñeb problemas para articular correctamente un son, dinnos que é porque non realiza correctamente as praxias. Iso está moi ben pero…, que son as praxias?. As praxias son os movementos organizados, de maior ou menor dificultade, que se fan para alcanzar un obxectivo (neste caso, pronunciar correctamente as diferentes fonemas).
xoves, 25 de xuño de 2020
Adiviña
"Adiviña" é un dicionario básico do español en formato audiovisual con definicións achegadas por nenos e nenas españois. Creado co fin de fomentar a aprendizaxe do idioma cunha metodoloxía na que prima o entretemento.
martes, 23 de xuño de 2020
Repasamos a ortografía
A importancia da correcta escritura en nenos e nenas de Educación Primaria é fundamental para unha axeitada expresión escrita, polo que é un arduo labor. Con todo é necesario que se vaian formando con algúns conceptos claro, por iso comparto este material en PDF que contén mais de 290 ditados, para que repasedes nalgún momento destas vacacións.
Actividades de repaso Lingua Castelá
Neste apartado tedes estes fantásticos xogos para repasar a área de Lingua Castelá.
Pica para entrar
Pica para entrar
luns, 22 de xuño de 2020
Cadernos pequenos de repaso descargables para todos os cursos de Educación Primaria
A editorial "A Calesa" fixo un compendio de páxinas, contidos e exercicios especialmente interesantes das súas coleccións de Educación Primaria e Secundaria, referentes a ortografía, lectura comprensiva.... Organizounos todo nuns fantásticos cadernos de repaso e tarefas clasificados por cursos e puxéronos de forma gratuíta ao dispor de todos/as os/as docentes, familias e nenos e nenas en xeral.
Xogos de mesa para aprender ortografía e vocabulario
Agora, nesta etapa de vacacións, achegareivos deferentes ligazóns para dar ideas de posibilidades de traballo no verán. Uns minutos semanais de repaso e reforzo sempre son positivos.
A través de cartas, sopas de letras e fichas o alumnado pode practicar as regras xerais de ortografía e utilizar a linguaxe dunha forma adecuada.
venres, 19 de xuño de 2020
Actividades varias
Material para traballar a atención, a memoria, a discriminación visual, a orientación espacial, as cores e o vocabulario a partir de catro actividades baseadas nun quebracabezas dunha marca coñecida:
- Buscar os iguais.
- Identificar as cores.
- Buscar o animal parecido.
- Clasificar atendendo a un criterio.
Presentación interactiva para traballar as funcións executivas, a aprendizaxe de vocabulario e o razoamento lóxico, a partir da presentación de distintas situacións cotiás na que debemos tomar unha decisión e seleccionar o elemento que deberiamos utilizar para resolvela.
Chega o verán!!!
Mozos e mozas, familias, compañeiros e compañeiras, chegamos ao día 19 de xuño, esa data tan esperada que nos introduce nas vacacións de verán. Despois dun curso atípico polas circunstancias que vivimos nestes case cen días, agora toca descansar, coidarse e gozar moito ata o próximo 10 de setembro, data prevista para o comezo do novo curso.
Vémonos en oitenta e dous días!!!!
Felices vacacións!!!
xoves, 18 de xuño de 2020
Caderno pequeno de ditado con pictogramas
Material elaborado para traballar a atención, a memoria, a correcta estruturación de frases de forma oral/escrita en tres niveis diferentes.
O material consta de pictogramas para elixir, organizados por cores: o suxeito (cor verde), o verbo (cor vermello) e os complementos (cor amarelo).
No nivel inicial, os pictogramas deben colocarse na casiña correspondente de cada cor, tras oír a frase de forma oral ou picando no altofalante se traballamos de forma interactiva. No nivel medio, despois de colocar os pictogramas, deben ordenar a frase que se atopa desordenada e no nivel avanzado escribila eles sen apoio.
Ao final do documento, anéxanse diferentes ligazóns para traballar de forma interactiva.
Contos infantís que fomentan as emocións positivas
O respeto cara aos demais, a empatía, o entendemento ou o coidado das amizades pódese fomentar a través dos seguintes contos, que mostran aos nenos e ás nenas a importancia de recoñecer e xestionar as emocións positivas.
Agora que chegan as vacacións de verán, que mellor que seguir leendo un pedaciño cada día.
Ligazón ás recomendacións de lectura.
luns, 15 de xuño de 2020
A miña localidade
Neste proxecto imos ver principalmente os comercios aparecen na nosa localidade, o que compramos e quen nolo vende, así como outros servizos que nos ofrece o lugar onde vivimos. Tamén debemos ter coidado e respectar os sinais de tráfico que nos atopemos na rúa.
Pica para xogar
Conciencia silábica - Descompoñemos palabras en sílabas
Material para traballar a conciencia silábica a partir da descomposición de palabras en sílabas. No material, trabállanse palabras bisílabas e trisílabas.
venres, 12 de xuño de 2020
Mensaxe encriptada
Mensaxe encriptada para agradecervos, tanto aos alumnos e alumnas, como ás vosas familias, o traballo e esforzo que realizáchedes, académica e persoalmente, durante esta situación derivada do Covid-19 e desexarvos, tamén, un feliz verán. Non falta nada, o 19 de xuño, rematamos!!
Escribimos frases con palabras polisémicas
As palabras polisémicas son aquelas palabras que teñen máis dun significado.
Nesta entrada propóñense 6 fichas para que os alumnos identifiquen a palabra polisémica representada nos debuxos e escriba unha frase con cada un dos seus significados
Técnicas de respiración para comezar unha actividade
Material para poñer en práctica técnicas sinxelas de respiración e relaxación cos nenos e nenas. Estas técnicas son básicas antes de enfrontarse a unha tarefa curricular na aula ou a unha actividade física na sala de Psicomotricidade ou o ximnasio.
Tamén podemos utilizalas e incluílas como recurso nun recuncho da calma, do que podemos dispoñer no centro ou en casa.
mércores, 10 de xuño de 2020
Crucigramas. Xogamos cas palabras
Esta actividade tamén é para os máis pequenos que se inician na lectura. Hai moitas maneiras de iniciar aos nenos na lectoescritura e xogando é sen dúbida a mellor maneira. Estas 7 sopas de letras perseguen ese obxectivo aprender xogando.
Fichas comprensión lectora de palabras e frases
Estas fichas son ideais para traballar a comprensión lectora de palabras, en etapas de iniciación á lectura. O alumnado terá que colorear o recadro onde pon se, se atopa o obxecto na imaxe ou non se non o atopa.
Damos un salto e pasamos á comprensión lectora de frases, pensado para alumnos/as máis avanzados na lectura. Nesta actividade o alumnado terá que ver observar a imaxe e decidir se a oración é verdadeira ou falsa. Subliñaranse as oracións verdadeiras.
Non importa tanto nesta tarefa se realmente é certo ou non, senón a análise da oración, a comprensión dela e a xustificación que o alumno poida dar á súa decisión.
martes, 9 de xuño de 2020
Vídeos para traballar a expresión oral e escrita
Propoño estes vídeos non verbais para traballar a expresión oral e escrita con alumnos/as con TEA ou calquera alumnado con dificultades de expresión oral, organización no discurso, anticipación… sempre ca guía dunha persoa adulta.
Iniciamos o vídeo, previamente visualizado, e ímolo parándo nos puntos que consideremos máis importantes para que fagan unha predición do que pode suceder, despois dunha rolda de predicións continuamos o vídeo e vemos que pasou e se foi capaz de predecir xusto o que estaba a pasar no vídeo. Seguimos así durante todo o vídeo ata o final. Falamos constantemente de como senten, expresións faciais, emocións que nos veñen á cabeza vendo o vídeo, vocabulario…
Despois facemos a expresión escrita do vídeo contando o contido.
Exercicios de praxias (MOL-NV), respiración e sopro
Versión longa e actualizada dos exercicios de praxias faciais, que ademais inclúe exercicios de contrarresistencia lingual e aguante de peso simple labial.
Exercicios de respiracion e de sopro. Aprender a respirar correctamente. Relaxación
luns, 8 de xuño de 2020
Xogo online: lectura + memoria + comprensión
Xogo online para traballar a memoria de traballo e a comprensión lectora.
Neste xogo o alumnado terá que ler comprensivamente a oración, reter a información e despois localizar a información que leu na imaxe da seguinte diapositiva.
O xogo consta de 10 oracións sinxelas.
Para xogar fa clic na ligazón e posteriormente pulsa INICIAR PRESENTACIÓN
TEA - A metáfora do vaso da auga
Hoxe quero compartir coas nais, pais, avoas, avós, irmáns, irmás,... mestres, mestras... esta metáfora para comprender a relación entre ansiedade, autismo e conduta.
Día mundial dos Océanos - Quen vive no mar?
Material con diferentes actividades con pictogramas de Arasaac (número-cantidade, cálculo, atención e lectoescritura) para traballar o Día mundial dos Océanos, hoxe, día 8 de Xuño, día establecido pola ONU para a súa celebración.
venres, 5 de xuño de 2020
Material TEACCH - Soan igual
Material manipulativo para traballar a conciencia fonolóxica emparellando as palabras que rima e asentando as bases para a prelectura.
Conto TEACCH - Quen anda aí?
Conto manipulativo tipo TEACCH no que os nenos e nenas terán que identificar os sons dos diferentes animais e colocar a estes no seu lugar correspondente, empregando como eixo condutor a bruxa Catuxa, unha bruxa, que enfadada por non poder ver unha paisaxe que lle tapa unha gata, lanza un feitizo aos animais facendo que estes desaparezan.
Preme para acceder ao conto
Ligazón videoconto
xoves, 4 de xuño de 2020
Ortografía interactiva
Xogo para repasar regras ortográficas, ideal para cursos superiores de Educación Primaria.
Preme aquí para xogar.
Sinfóns e sílabas mixtas
Nesta actividade traballaremos de forma exhaustiva a discriminación de sinfóns e sílabas mixtas de forma oral e escrita. Entre as actividades incluídas, destacan:
- Exercicios de clasificar entre sinfones / l/ e / r/, entre sílabas mixtas e entre sinfóns e sílabas mixtas.
- Quebracabezas que conteñen imaxes con sinfóns e sílabas mixtas.
- Xogos de memoria.
- Identificación de sinfóns e sílabas mixtas.
- Crucigramas con definicións e imaxes para adiviñar a palabra.
- Localización de palabras escritas erroneamente en textos e posterior corrección.
- Completar oracións coas palabras máis axeitadas.
- Escritura de palabras a partir de imaxes.
Virginia Aragón Gimenez (Autora)
Sergio Palao (Pictogramas)
Guía para a revisión de textos escritos
Documento sinxelo e moi visual, no que se pautan os aspectos para revisar á hora de redactar, revisar e presentar un texto (ortografía, maiúsculas, redacción, puntuación,...). Está destinado para o alumnado de final da Etapa de Primaria que se está preparando para iniciar a Etapa de Secundaria o vindeiro curso.
Actividades de comprensión lectora
Compártovos agora a versión máis sinxela deste modelo de actividades, dirixido a primeiro de primaria ou como ferramenta para traballar con alumnos e alumnas con dificultades de comprensión lectora. Neste caso o/a alumno/a pode apoiarse na imaxe para atopar de forma máis sinxela a correcta organización das palabras para compoñer a frase con sentido.
Como vimos noutras ocasións, as inferencias son un dos recursos que máis utilizamos neste blogue para traballar a comprensión lectora. Normalmente utilizamos frases para traballar as inferencias; nesta ocasión, complicamos algo a tarefa e imos utilizar textos curtos. A partir da información comprendida nestes textos os alumnos deben pescudar a que fai referencia e responder á pregunta que se expón.
Preme para descargar fichas de inferencias
mércores, 3 de xuño de 2020
TDAH - Actividades de mellora
Actividades para a mellora da atención e o rendemento nas actividades instrumentais. Cursos superiores de Educación Primaria.
Preme para xogar
Historia social - Evitar o contaxio por Coronavirus ao chegar a casa
Historia social adaptada con pictogramas para anticipar todo o que debemos facer para evitar o contaxio por Coronavirus.
Moito ollo!! Non é pasado, aínda é presente.
martes, 2 de xuño de 2020
O monstro comesílabas
Compártovos outra actividade para traballar a dislexia en formato interactivo.
O monstro comesílabas - O obxectivo do xogo é reforzar a conciencia silábica en sílaba inicial, intermedia e final.
O monstro comesílabas - O obxectivo do xogo é reforzar a conciencia silábica en sílaba inicial, intermedia e final.
Actividades de comprensión lectora
A seguinte actividade está pensada para traballar a comprensión lectora a partir da tarefa de completar frases. Nas seguintes frases falta un pronome ou adverbio interrogativo, o obxectivo é elixir cal das tres opcións posibles é a correcta e escribila na oración.
Novamente traballamos a comprensión lectora a partir de inferencias, é dicir, a partir de información que non vén explícita no texto; pero nesta ocasión, introducimos un novo elemento: pistas visuais. É dicir, o obxectivo da seguinte tarefa é que os nenos e as nenas sexan capaces de relacionar a partir a información que achega cada frase co debuxo correspondente. Estas pistas visuais axudan á tarefa de inferir e por tanto mellorar a lectura comprensiva.
Escoita, fala e completa palabras
O obxectivo desta tarefa interactiva é traballar as habilidades metafonológicas, as cales permiten tomar conciencia de que a linguaxe oral está formada por cadeas de segmentos que configuran as palabras, as sílabas e os fonos. Esta conciencia, indispensable para abordar a linguaxe escrita.
Na tarefa o/a alumno/a debe escoitar a palabra, logo unir as letras para formar esa palabra e por último pronunciar correctamente esa palabra. É necesario utilizar un explorador que che permita a opción de gravar, funciona perfectamente con chrome. Ao pronunciar a palabra o micrófono parpadeará durante uns segundos e despois aparecerá a palabra que pronunciaches xusto encima do micrófono. Unha opción interesantísima para traballar a pronuncia correcta de fonemas.
Clica aquí
luns, 1 de xuño de 2020
O Verán - Cadernos didácticos
Cadernos didácticos e fichas relacionadas sobre o verán para traballar a linguaxe a partir de distintos contidos e actividades: identificación, habilidades metalingüísticas, denominación, relacións semánticas, razoamento verbal, identificación de emocións e lectoescritura.
Conciencia fonolóxica
Material para traballar a conciencia fonémica identificando a vogal inicial en diferentes actividades (material Arasaac)
Material para traballar a conciencia fonológica mediante a identificación de palabras que conteñen os fonemas B-T-D, LL-Ñ e S-C-Z. (material Arasaac)
Ligazóns:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)